Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 26 de Maio de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares organiza diversas actividades co gallo da celebración do Día Internacional da Muller
07 Marzo 2019 18:09
O Concello de Ares organiza diversas actividades co gallo da celebración do Día Internacional da Muller
Mañá os actos centraranse nunha marcha de mulleres que sairá do CPI As Mirandas e un concerto que ofrecerá Enrique Ramil no Casino Aresano, e coompletaranse coa conferencia que se desenvolverá o día 18 na Alianza Aresana

O Concello de Ares, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) e o Servizo de Intervención Familiar, xunto co CPI As Mirandas, organizan unha serie de actividades co gallo da celebración, mañá 8 de marzo, do Día Internacional da Muller.

A primeira das actividades desenvolverase mañá a partir das 11.15 horas e consistirá nunha marcha de mulleres que sairá do CPI As Mirandas, realizando un percorrido polas rúas de Ares ata a praza da Constitución. O mesmo 8 de marzo, o cantante Enrique Ramil ofrecerá un concerto homenaxe no Casino Aresano, baixo o título “Elas en Min”. A actuación, de balde e para tódolos públicos, dará comezo ás 22.00 horas.

Os actos conmemorativos completaranse o día 18 cunha charla que, baixo o título “Imaxen profesional e discriminación cotidiana: unha visión xurisprudencial”, será impartida pola profesora de Dereito da USC Belén Trigo. A conferencia terá lugar na Alianza Aresana ás 18.00 horas. Trátase dunha iniciativa formativa aberta e dinámica, polo que poderán acudir todas aquelas persoas interesadas e profundizar sobre o tema.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares