Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 18 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Os concellos de Ares e Mugardos celebran un ano máis o tradicional Voto de Chanteiro en torno á Ermida da Mercé
10 xuño 2019 11:53
Os concellos de Ares e Mugardos celebran un ano máis o tradicional Voto de Chanteiro en torno á Ermida da Mercé
A romaría desenvolverase ao longo de toda a xornada e, ademais da misa, haberá reparto de empanada e bebidas así como a actuación do Grupo de Gaitas Aresán, tanto pola mañá como pola tarde

Os Concellos de Ares e Mugardos colaboran un ano máis, a través das súas respectivas áreas de Cultura, no Voto de Chanteiro, unha romaría que congrega cada ano a centos de persoas chegadas de diferentes puntos da comarca en torno á ermida de Mercé. A celebración terá lugar ao longo de toda a xornada de mañá martes, día 11 (que é festividade local en Ares) e, ademais da misa, haberá reparto de empanada e bebidas así como a actuación do Grupo de Gaitas Aresán, tanto pola mañá como pola tarde.

Deste xeito, fletaranse autobuses que sairán dos dous municipios. No caso de Ares, os autobuses sairán ás 10.30 horas da praza do Pedregal e pararán en Pezoas, Seselle, Porta do Sol, Lubre, Cervás e Chanteiro. En canto a Mugardos, a saída será á mesma hora desde San Xoan de Piñeiro pasando por O Seixo, Franza, A Pedreira e Mugardos.

A misa comenzará ás doce do mediodía e, unha vez rematado o oficio relixioso, a Banda de Gaitas Ría de Ares levará a cabo unha actuación mentres se procede ao reparto de empanadas e bebidas entre os asistentes.

Os autobuses realizarán ás 13.30 horas a primeira viaxe de regreso, facendo o percorrido Chanteiro, Ares e Mugardos, mentres que a derradeira será ás sete da tarde, co mesmo itinerario.

O Grupo de Gaitas Aresán actuará de novo polo tarde, en torno ás cinco.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares