Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 06 de Decembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
XORNADAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Socialista Julio Iglesias foi proclamado alcalde no pleno de constitución da nova corporación
15 xuño 2019 12:16
O Socialista Julio Iglesias foi proclamado alcalde no pleno de constitución da nova corporaciónO Socialista Julio Iglesias foi proclamado alcalde no pleno de constitución da nova corporaciónO Socialista Julio Iglesias foi proclamado alcalde no pleno de constitución da nova corporación
O candidato foi elixido cos votos da súa formación, que obtivo a maioría absoluta

O socialista Julio Iglesias foi elixido no pleno extraordinario desta mañá alcalde por outros catro anos –é o seu cuarto mandato-, tras ser respaldado polo seu grupo, integrado por sete concelleiros, o máis votado nas eleccións municipais do pasado 26 de maio. A elección de Iglesias levouse a cabo despois de que quedase constituida a corporación, formada polo PSOE (sete concelleiros), PP (tres), BNG (dous) e NAL (un).

O novo escenario municipal deixa ao Partido Socialista ao fronte do Concello que, a diferencia do anterior mandato con dous concelleiros menos, gobernará con maioría absoluta. A esta circunstancia referiuse Iglesias unha vez recibido por parte do edil de máis idade –o concelleiro de NAL Luis Cendán- o bastón de mando, aproveitando a ocasión para facer un recoñecemento aos alcaldes socialistas que gobernaron no municipio. O xa alcalde, que agradeceu aos veciños e veciñas o seu apoio nas furnas, tendeu a man a tódolos grupos para traballar en prol dos intereses colectivos dos cidadáns.

Os candidatos de PSOE, PP e NAL presentáronse á votación para ser nomeados alcaldes –o do BNG, Emilio Mesías, interviu para anunciar que, atendendo aos resultados e analizados éstes pola súa organización, optaran por non presentar a súa proposta-, sendo nos tres casos respaldados polos concelleiros dos seus respectivos grupos, polo que Julio Iglesias foi designado rexedor do Concello de Ares, como candidato da lista máis votada e con maioría absoluta.

Dos trece concelleiros que conforman a nova corporación, hai un total de tres caras novas – dúas do PSOE, Lucía Blanco e Noelia Montero; e unha do PP, Marcos Carballo-, mentres que os restantes veñen xa do mandato anterior ou outros mandatos (como é o caso do ex alcalde José Manuel Cendán, que regresa á política como voceiro do grupo popular). Pola súa parte, son catro os concelleiros que se despiden da corporación, ben por non repetir como candidatos – Marta Seijas e Ricardo Lage que nesta ocasión con concurriron nas listas do PP- ou por non acadar os resultados para obter representación, como é o caso de Son de Ares co concelleiro Gustavo Pita ao fronte. Por parte do BNG queda sen a súa acta o edil Manuel Bouza, ao perder a súa formación un concelleiro.

A partires do luns, o grupo socialista formalizará o reparto de concellarías, comisións e todos aqueles asuntos relativos á posta en marcha dun novo mandato, que se extenderá ata o ano 2023.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares