Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 17 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O concello porá en marcha un dispositivo especial de tráfico na vila polo Corpus
21 xuño 2019 13:07
O concello porá en marcha un dispositivo especial de tráfico na vila polo Corpus
As medidas especiais estarán en vigor, especialmente, entre as 15.00 horas do venres 21 e a tarde do domingo 23, unha vez que remate a tradicional procesión

O Concello de Ares, a través da Concellería de Tráfico e a Policía Local, porá en marcha un dispositivo especial de tráfico co gallo do Corpus, que se celebrará este domingo, 23 de xuño. Co obxectivo de facilitar o normal desenvolvemento dos actos programados, entre o que destaca a elaboración das alfombras florais e a procesión que terá lugar despois da misa das cinco da tarde, levaranse a cabo unha serie de medidas especias.

En concreto, non se poderá estacionar nin circular entre as 15.00 horas do venres 21 e a tarde do domingo 23 na praza da Igrexa, no tramo comprendido entre Saavedra Meneses e a rúa Real; na rúa Real, dende a praza da Igrexa ata a rúa Xuncal; na rúa Xuncal, entre a rúa Real e a rúa María; e na rúa María, desde o cruce coa rúa Xuncal ata o número 61.

Dado que algúns grupos de veciños comezarán os traballos dous ou tres días antes desta celebración –concretamente, para o pintado e marcado de figuras-, en zonas puntuais que estarán sinalizadas axeitadamente poderase interromper o paso de vehículos ou o estacionamento, aínda que unicamente será o tempo que estes veciños precisen para poder rematar ditos traballos. As zonas que se poden ver especialmente afectadas son o treito da rúa Real comprendido entre a avenida de Mugardos (farmacia) e as Escolas do Lago (rúa Xuncal), así como os viais anteriormente mencionados.

Para faciliar os traballos de limpeza das rúas, non se poderá estacionar nos lugares antes indicados ata o mediodía do luns 24.

Dende o Concello faise un chamamento á colaboración cidadá, ao tempo que se piden disculpas de antemán polas molestias que estas medidas extraordinarias e puntuais poidan ocasionar.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares