Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 18 de xullo de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A concellaría de cultura organiza a terceira edición do concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares
24 xuño 2019 12:50
A concellaría de cultura organiza a terceira edición do concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares
A concellaría de Cultura, a través da OMIX, convoca a que será a terceira edición do Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares.

O prazo de presentación das imaxes comeza este luns, día 24, e permanecerá aberto ata o martes 15 de outubro. Durante este período, as persoas que desexen participar no certame poderán facelo enviando as súas fotografías (sendo dúas o máximo establecido) ao correo electrónico concursofotografia@concellodeares.com.

As modalidades do certame son, en primeiro lugar, de 8 a 12 anos (categoría A) e unha segunda categoría para as idades comprendidas entres os 13 e os 18 anos (categoría B). Todos eles deberán estar empadroados en Ares.

Coa convocatoria preténdese convidar á xuventude a ollar na súa contorna aresá como contexto para recoñecer a súa herdanza, a través de imaxes, despertando a capacidade de observar todo o que lles rodea e recoñecerse en pequeñas historias e/ou paisaxes que dean conta do seu vencellamento coa memoria colectiva do pobo de Ares. En concreto, convídase aos participantes a fotografiar espazos, lugares, obxectos, actos e situacións da súa contorna que consideren parte da súa identidade.

As fotografías enviadas ao correo electrónico deberán ter formato JPEG ou JPG, cun tamaño de 6 a 12 megapíxeles.

No mesmo correo, os participantes terán que achegar obrigatoriamente os formularios de participación e de identificación das fotografías cubertos e asinados que se poderán descargar na páxina web do Concello http://www.concellodeares.com/ampliaconvocatoria.php?cod=942.

No caso de que nas fotografías aparezan terceiras persoas deberán achegar tamén escaneada a autorización de imaxe asinada por elas.

Así mesmo, as bases do concurso establecen que non serán admitidas imaxes obtidas mediante fotocomposición nin manipulación dixital, nin aquelas que conteñan imaxes violentas ou degradantes para individuos ou organizacións.

As fotografías deberán ser orixinais, non publicadas nin presentadas a ningún concurso con anterioridade.

Segundo informou a Concellaría de Cultura, o xurado seleccionará un total de seis fotos (tres por cada categoría) atendendo a criterios de seguimento das bases, creatividade e orixinalidade da obra.

As fotografías gañadoras do certame pasarán a formar parte do calendario do Concello para o ano 2020, identificando o nome dos autores. Ademais, os gañadores recibirán un agasallo específico de cada categoría (un lote de libros e 50 euros en metálico para as modalidades A e B respectivamente).
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares