Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 17 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O concello presenta o XIII concurso de pintura Manuel Rebón
25 xuño 2019 11:23
O concello presenta o XIII concurso de pintura Manuel RebónO concello presenta o XIII concurso de pintura Manuel Rebón
O alcalde, Julio Iglesias, e concelleira Alma Barrón, xunto coa viúva deste destacado veciño aresán, un dos pilares do CIRS, presentaron esta mañá o décimo terceiro certame

O alcalde do Concello de Ares, Julio Iglesias, e a concelleira Alma Barrón presentaron esta mañá en rolda de prensa a que será a décimo terceira edición do concurso de Pintura Concello de Ares-Manuel Rebón. Neste acto tamén estivo presente a viúva de Rebón, Josefina Gelpi, que agradeceu ao grupo de goberno a súa implicación nunha das iniciativas culturais de Ares que esperta cada ano unha gran expectación pola calidade artística dos traballos, procedentes tanto do ámbito local como de toda Galicia e incluso fóra dela.

Todo o certame, repetindo as experiencias dos anos anteriores, levarase a cabo en Cervás, así como a mostra posterior que tamén se realizará nesta parroquia aresana. Nomeadamente no seu local social, o CIRS, entidade á que estaba moi vencellado Manuel Rebón, veciño finado hai anos e un dos pilares fundamentais da asociación, así como destacado afeccionado á pintura.

O acto de hoxe serviu para dar a coñecer as bases e o cartel promocional, para o que se elixiu como imaxe o cadro gañador da pasada edición, “Reflexos”, do pintor Manuel Carballeira.

O concurso, tal e como consta nas bases, vai dirixido a residentes no territorio español, maiores de idade, que poderán presentar no CIRS de Cervás entre os días 3 e 12 de setembro –en horario de 19.00 e 21.00, de luns a venres, e de 12.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas, os sábados e domingos- un máximo dunha obra, única e orixinal. Ésta deberá axustarse a óleos e acrílicos cun tamaño máximo de 110 x 110 centímetros, incluíndo o marco.

O xurado fallará o premio o día 13 de setembro, que será entregado o día 28 de setembro no CIRS. A contía do primeiro será de 1.200 euros, establecéndose dous accésit e un premio especial de 500 euros para o mellor pintor local.

A exposición será tamén no CIRS entre os días 15 a 28 de setembro, no horario de apertura do local social de Cervás.

Os interesados en participar poderán consultar as bases do concurso na páxina web do Concello www.concellodeares.com, ou ben chamando ao teléfono 981448057 (Alianza Aresana) en horario de luns a venres de 9 a 14 horas
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares