Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 20 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Ares comeza as súas rutas turísticas en barco pola Ría que se prolongarán ata o mes de setembro
11 xullo 2019 20:30
Ares comeza as súas rutas turísticas en barco pola  Ría que se prolongarán ata o mes de setembro Ares comeza as súas rutas turísticas en barco pola  Ría que se prolongarán ata o mes de setembro
Á cada vez máis numerosa e diversificada oferta turística, educativa e de lecer, o Concello de Ares sumará en cuestión de días outro destacado servizo: a posta en funcionamento de “Ares desde o mar”, as rutas turísticas pola ría no barco coñecido anteriormente como “M. Presas”, orixinariamente propiedade do mariñeiro aresán Currás e cedido por este pescador ao Concello, coa finalidade de realizar diversas actividades vencelladas ao turismo, á educación e á investigación.

Precisamente para a súa reforma e adaptación a estes usos, o goberno de Julio Iglesias acadou no ano 2010 unha subvención da Consellería de Mar de máis de 100.000 euros, que serviu para a execución das obras máis urxentes e prioritarias. Tras isto, no ano 2013 foi obxecto dun Obradoiro de Emprego sobre pesca dos Concellos de Ares e Fene, que posibilitou a adecuación completa da embarcación, e que supuxo a súa posta en funcionamento para poñer en valor a riqueza paisaxística da costa e para achegar a cultura do mar e da pesca aos aresáns e visitantes.

Neste sentido, ademais das propias rutas turísticas pola ría, o Concello traballa para fomentar outras utilidades como excursións a diferentes concellos da ría; realización de rutas con escolares; realización de cursos e charlas formativas; ou a súa posta a disposición a investigadores e para calquera estudo mariño.

Para o alcalde de Ares, Julio Iglesias, e a concelleira de Turismo, Lucía Blanco, a posta en marcha deste servizo ten unha importante repercusión para o turismo do municipio e a súa diversificación, ao tempo que sirve para potenciar aspectos tales como o de investigación mariña e o apoio, no que á formación se refire, ao coñecemento do mundo da pesca, e constitúe outro exemplo de investimento acadado polo Goberno local cunha consecuencia moi positiva para o conxunto de veciños e veciñas do municipio.

Foi a propia concelleira a que informou de cales serán as condicións que rexirán os paseos nesta tempada, indicando a este respecto que se prolongarán durante as fins de semana comprendidas entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, cunha quenda de mañá e outra de tarde, ás 11 e 17 horas respectivamente. Os prezos son de cinco euros para os menores e de doce para os adultos.

A maiores, contémplase a posibilidade de realizar viaxes para grupos ou familias fóra destes días ou horarios, sempre que non excedan do tope de 12 persoas, por un prezo de 100 euros, para o que haberá que solicitar a reserva cun mínimo de tres días de antelación.

Os paseos, programados cunha duración dunha hora e media e para un máximo de 12 persoas en cada viaxe, inclúen a visita a dous dos maiores atractivos da costa aresana como son as construccións rochosas de As Mirandas e o Porto de Redes.

Ademais, todos os domingos, en horario de 9.30 a 11.00 horas, os afeccionados ao buceo poden mergullarse e descubrir as profundidades acuáticas de mans de Scuba Ares, que supón unha oportunidade para a exploración do medio mariño guiada por profesionais.

Os interesados en desfrutar do servizo de rutas poden reservar praza nos teléfonos 609224223 e 981448259 ou acudindo á Oficina de Turismo. Para aqueles que desexen participar nas saídas de buceo o teléfono é 681241964.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares