Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 22 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares presenta unha ampla programación de actividades para o Nadal
21 Decembro 2007 12:49
O Concello de Ares, a través das Concellarías de Cultura e Deporte, ten programadas unha serie de actividades que se desenvolverán durante as festas do Nadal e das que hoxe o grupo de goberno informou ao resto dos grupos da oposición en comisión informativa. Este programa, que arrincou coa convocatoria, por parte do Centro Cultural de Chanteiro, dun concurso de postais de Nadal para rapaces de entre 2 e 16 anos, e outro certame do CIRS de debuxos de Nadal para rapaces en idade escolar, tivo onte o seu primeiro acto. Foi, en conceto, unha sesión de contacontos, que se celebrará ás 17.30 horas na Alianza Aresana.
Hoxe, venres, desenvolveranse obradoiros de postais de Nadal, destinados a nenos dende os catro anos.
“O Nadal chegou á biblioteca” é o nome da actividade que terá lugar mañá 21 a partir das 11.00 horas na Alianza. Dirixida tanto a pais como aos pequenos da casa, a iniciativa pretende que os asistentes pasen unha mañá divertida traballando todos xuntos na decoración da súa biblioteca.
Tanto o sábado como o domingo, haberá unha actuación da coral Lorbé no CIRS de Cervás. Nestes actos procederase, ademais, á entrega de premios do concurso de debuxo de Nadal.
O día de Noiteboa a protagonista indiscutible da xornada será a cabalgata de Papá Nöel, que comezará ás 16.00 horas na praza do Pedregal do Redes. No seu percorrido, as dúas carrozas confeccionadas pola Asociación Cultural O Tilo, pasarán por Pedrós (16.30), Chanteiro (17.00) e Cervás (17.30), estando prevista a chegada á praza Rosalía de Castro ás 18.30 horas. Dende este lugar, a cabalgata iniciará unha nova viaxe, que contempla a Porta do Sol, rúa dos Anxos, rúa Real, praza da Igrexa, avenida Saavedra Meneses e Casa Consistorial, donde Papá Nöel recibirá a tódolos nenos e nenas.
As actividades deportivas tamén terán un especial protagonista durante estes días e, así, entre o luns 24 e o xoves 27 celebrarase o Torneo de Minitenis Nadal 2007, para nenos de entre 6 e 12 anos, que terán que competir na modalidade de dobres ao mellor de tres xogos. O pavillón polideportivo acollerá a iniciativa, que se desenvolverá entre as 11.00 e as 13.30 horas.
O mércores e o xoves terán lugar os campeonatos 3x3 de Nadal en baloncesto, fútbol e tenis adaptado, entre as 17.00 e as 19.30 horas, para maiores de 12 anos en equipos de ata catro xogadores.
Ademais de deportes, nesas xornadas levarase a cabo un obradoiro de manualidades para rapaces de 6 a 10 anos na Alianza Aresana e a proxección da película “Harry Potter y la orden del Fénix”, no caso do mércores, e unha actuación do Mago Martín no Casino Aresano, ás 18.30 horas, o xoves.
O venres 28 desenvolveranse diversas actividades. A xornada festiva comezará ás 11.30, coa jinkana de Nadal “Atopa a frase perversa”, que pretende mesturar a animación á lectura e o deporte.
Ás 17.00 horas, procederase á entrega de premios do concurso “Chamares: Búscame un nome!!!”, que terá lugar na Alianza, mentres que media hora máis tarde, no mesmo escenario, celebrarase unha nova sesión de contacontos a cargo de Trinke-Trinke.
Na fin de semana do 29 e 30 de decembro, está prevista, por un lado, unha sesión de monicreques polo grupo Viravolta, que presentará o sábado ás 18.00 na Alianza a obra “Pasado de lume”, con música de Firebird Project e, por outro, a III Edición da carreira pedestre fin de ano. Os participantes percorrerán dende as 11.00 horas, e saíndo do pavillón deportivo municipal de Mugardos, unha distancia aproximada de 10 kilómetros, a través da estrada Ares-Mugardos.

MES DE XANEIRO

O CIRS de Cervás acollerá o 2 de xaneiro, ás 16.00 horas, un obradoiro creativo dirixido aos pequenos e, ás 18.00, a proxección da película “Piratas del Caribe: en el fin del mundo”. Estas mesmas actividades repetiranse os días 3 e 4 de xaneiro, se ben o xoves terán lugar no Outeiro de Chanteiro –o filme será “Descubriendo a los Robinsones”- e o venres na Instructiva de Caamouco (Redes). Neste última caso, os asistentes poderán ver “Spiderman”.
Pero, sen dúbida, unha das actividades máis agardadas polos rapaces de Ares é a cabalgata de Reis que, igual que no caso da de Papá Nöel, corre a cargo da entidade O Tilo. O percorrido será o mesmo que o do desfile do día 24, se ben esta última rematará no pavillón municipal. Neste lugar, no que xa dende as 18.00 haberá unha festa infantil con hinchables, obradoiros e maquillaxe, Melchor, Gaspar e Baltasar recollerán as cartas que os nenos teñan xa preparadas.
O día 6 de xaneiro, os Reis acudirán ás distintas misas que se celebran no termo municipal e, para poñer o punto final ao programa das festas, terá lugar o “Festival da familia”. Esta derradeira actividade será ás 17.00 horas no Casino de Ares.
Nesta programación colaboran diversos organismos, entidades e firmas comerciais, como a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Ares, a Policía Local, o grupo de catequesis de Ares, o Casino Aresano, a Asociación Cultural Xábrega, O Tilo, o Centro Cultural Outeiro de Chanteiro, a Agrupación Instructiva de Caamouco, o Mago Martín, o Vídeo Club Ares e Coca-Cola.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares