Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 17 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ENTROIDO 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Ares disporá dun novo aparcadoiro público no casco urbano
04 Decembro 2019 15:12
Ares disporá dun novo aparcadoiro público no casco urbanoAres disporá dun novo aparcadoiro público no casco urbanoAres disporá dun novo aparcadoiro público no casco urbanoAres disporá dun novo aparcadoiro público no casco urbano
En cuestión de días o centro da vila de Ares estreará aparcadoiro, unha vez que remataron os traballos de acondicionamiento da parcela que acollerá este esperado equipamento público, chamado a resolver os problemas de estacionamiento que se producen na zona, especialmente durante os meses de verán.

A nova área de estacionamento construida polo Concello está situada na finca na que se ubica a Casa Reitoral, tras acadar a súa cesión e adquirir outra parcela anexa a través da cal se da entrada á superficie. Son en total uns 3.000 metros cuadrados que contan cun acceso único de dobre sentido pola rúa Reitoral.

Trátase dun espazo amplo e céntrico do núcleo urbano, que permitirá grazas á execución desta primeira fase poñer a disposición dos veciños un total de 51 prazas para turismos, nas que se inclúen tres ocos reservados para vehículos de persoas con discapacidade.

A intervención promovida polo Concello contou cun orzamento de 47.982,65 euros, financiados con fondos da Axencia Galega de Turismo.

Os traballos contaron cun prazo de execución dun mes e foron realizados pola empresa Construcciones Canosa. A intervención para habilitar as 51 prazas consistiu no acondicionamento do terreo con acabado en zahorra na área de aparcamento e formigón estabilidado nos viais de circulación, ademais dos traballos de xardinaría e sinalización propios.

Tal e como indican desde a área de Urbanismo, dado a forma irregular da parcela e a súa orografía o novo equipamento planificouse en tres plataformas, construindo nesta primeira intervención a parte máis baixa e o muro de contención da segunda e deixando para o próximo investimento as restantes, que suporán o incremento do espazo en 36 novas prazas útiles. A execución da segunda fase servirá para ampliar as prazas existentes ata completar un total de 87 e permitirá dar uniformidade ao conxunto con acabado en losa césped.

Esta e outras actuacións acometidas no municipio, en relación co aparcamento e dotación de equipamentos para os veciños, súmanse ás xa realizadas como a compra dun terreo para apacarcadoiro nunha finca contigua ao cemiterio de Cervás; a construcción de aparcadoiro no entorno da Ermida de Mercé en Chanteiro ou a recente dotación de zona verde e aparcadoiro na praia de Seselle; e se complementarán, entre outras, cun aparcadoiro público en Redes, concretamente na parcela cedida polo Club de Tenis; ou a adquisición de terreos para a dotación de estacionamentos na praia do Raso, que se está negociando.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares