Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 24 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
LETRAS GALEGAS 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O CIM de Ares organiza unha nova Xornada Contra a Violencia De Xénero
05 Decembro 2019 14:30
O CIM de Ares organiza unha nova Xornada Contra a Violencia De XéneroO CIM de Ares organiza unha nova Xornada Contra a Violencia De XéneroO CIM de Ares organiza unha nova Xornada Contra a Violencia De Xénero
A Concellaría de Benestar e Igualdade, que dirixe a socialista Victoria Montenegro, a través do CIM (Centro de Información á Muller), organiza unha nova Xornada contra a Violencia de Xénero, baixo o título “Retos en Violencia de Xénero. Muller e Menores”.

A iniciativa desenvolverase no salón de actos da Alianza Aresana (Biblioteca Municipal) durante a xornada do xoves 12 de decembro, e as persoas que estean interesadas en participar deberán cursar a súa inscrición no enderezo electrónico xornadaviolenciaxeneroares@g2consultores.es, ou no seguinte enlace https://forms.gle/uZwxGPddJoaQz49P6, podendo ampliar a información nos teléfonos 653460381 ou 772405724. Así mesmo, nas dependencias do CIM do Concello facilitarase información sobre esta xornadas, xunto cos dípticos ou formulario que hai que presentar cuberto.

O programa, que abordará diferentes cuestións vencelladas coa violencia de xénero e contará con recoñecidos profesionais neste ámbito, comezará ás 10.00 horas, coa recepción dos participantes. Un cuarto de hora máis tarde, levarase a cabo o acto de inauguración, que correrá a cargo do alcalde de Ares, Julio Iglesias, e Victoria Montenegro, concelleira de Benestar e Igualdade.

A primeira conferencia, prevista para as 10.30, levará o título “Retos de prevención e intervención en muller e menores dende o ámbito policial”, e contará coa intervención de José Ángel Ruibal Pérez, Inspector Principal de Policía Local, responsable do Grupo de Protección de Víctimas de Violencia de Xénero, profesor colaborador da AGASP nesta materia e criminólogo.

Despois dun breve descanso de media hora para o café, Francisco Javier Aznar, psicólogo clínico e psicoterapeuta, pronunciará unha conferencia na que abordará cuestións relativas á súa especialidade, relacionada coa infancia, adolescencia e familia en situación de risco, dificultade psicosocial e trauma. O comezo da charla está previsto ás 12.00 horas.

A xornada continuará ás 13.00 horas cunha mesa redonda na que participará a coordinadora do Programa de Atención psicolóxica a Mulleres que sofren violencia de xénero e a menores e outras persoas dependentes delas que vivan ou padezan situacións de violencia de xénero (PAPMVX), María Luisa Losada Somoza; xunto coa terapeuta do mesmo Programa, Ana María Pena Pereira; e a directora e asesora xurídica do CIM do Concello de Ortigueira, Ana Dopico Fraga, que falarán sobre os “Menores, fillos e fillas de mulleres vítimas de violencia de xénero”. José Luis Castro Feijoo, director psicólogo do CIM do Concello de Ares, actuará como moderador.

Tras un descaso para o xantar, ás 16.30 comezará a primeira conferencia da sesión de tarde. O coloquio será impartido por Daniel Jove Martínez, Fiscal de Área de Ferrol, na que se afondará sobre os “Delitos no ámbito da Violencia de Xénero. A novedosa tipificación do delito de stalking (acoso) e a agravente de discriminación por razón de xénero”.

A autora do libro “Una historia real: Mis hijas me devolvieron la vida” Inés Fernández Lamela será a encargado de pronunciar a derradeira conferencia ás 17.30 horas, “En primeira persoa: As miñas fillas devolvéronme a vida”.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares