Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 30 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
BANDO: Resumo condicións apertura comercios e establecementos de prestación de servizos para a fase 0 (en vigor desde o 4 de maio)
07 Maio 2020 12:00
BANDO: Resumo condicións apertura comercios e establecementos de prestación de servizos para a fase 0 (en vigor desde o 4 de maio)BANDO: Resumo condicións apertura comercios e establecementos de prestación de servizos para a fase 0 (en vigor desde o 4 de maio)BANDO: Resumo condicións apertura comercios e establecementos de prestación de servizos para a fase 0 (en vigor desde o 4 de maio)BANDO: Resumo condicións apertura comercios e establecementos de prestación de servizos para a fase 0 (en vigor desde o 4 de maio)
D. JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES (A CORUÑA), POR MEDIO DO PRESENTE , FAI SABER

RESUMO CONDICIÓNS APERTURA COMERCIOS E ESTABLECEMENTOS DE PRESTACIÓN DE SERVIZOS PARA A FASE 0 (en vigor desde o 4 de maio)

Orde SND/388/2020, do 3 de maio, pola que se establecen as condicións para a apertura ao público de determinados comercios e servizos, e a apertura de arquivos, así como para a práctica do deporte profesional e federado

1.- Comercios e establecementos de servizos suspendidos excepto locais de +400 m ou que se atopen dentro de centro comercial sen entrada directa e independente desde o exterior do mesmo

* Con Cita previa, permanencia do cliente polo tempo mínimo indispensable para a compra.

* Con pedido previo e recollida do produto no establecemento garantindo que non haxa aglomeracións

* Un traballador atendendo a só a un cliente ao mesmo tempo

* Sinalizar as distancias mínimas entre clientes con marcas, valos, balizas,…

* Distancia mínima de seguridade con cliente 2 m ou 1 m se existe sistema de protección (biombos, ampliación de mostradores,…), salvo que pola actividade resulte imposible, como barberías, clínicas,..neste caso usar Epis adecuados.

* Xel hidroalcóholico ao dispor dos clientes na entrada

* Non autoservizo, debe servir o traballador.

* Téxtil: se o cliente proba unha peza, deberá hixienizarse, así como o probador, antes de poñela de novo á venda

* Horario preferente para maiores de 65 anos ( dentro das súas franxas horarias autorizadas, de 10 a 12 e de 19 a 20 )

* Os clientes poderán acudir a estes establecementos que se atopen nos seus municipios salvo que o produto ou servizo non se atope dispoñible no mesmo.

* Non aplicable a establecementos que xa podían estar abertos durante o estado de alarma inicial.

* HIXIENE ESTRITA NO ESTABLECEMENTO

- Realizarán, polo menos, dúas veces ao día (unha delas ao final da xornada e outra preferentemente ao mediodía), unha limpeza e desinfección, con virucida ou dilución de lixivia, das instalacións con especial atención ás superficies de contacto máis frecuentes como pomos de portas, mostradores, mobles, pasamanos…)
- Se hai máis dun traballador atendendo, limpar tamén as zonas de vestiarios, despachos de billetes,…
- Limpeza tamén cada cambio de quenda, se o houbese.
- Desinfección diaria de uniformes e roupa de traballo (ciclos de entre 60º e 90º)
- Garantirase unha ventilación adecuada de todos os establecementos e locais
- Non se utilizarán os aseos dos establecementos comerciais por parte dos clientes,
- Papeleiras, se é posible con tapa e pedal, para material desechable. Limpar 1 vez ao día.
- Respectar a normativa de seguridade laboral para os empregados (Epis, máscaras, xel hidroalcohólico, luvas,....)

2.- Condicións nas que deben desenvolverse as actividades de hostalería e restauración

* Entrega a domicilio

* Recollida de pedido en local evitando aglomeracións dando, por exemplo, cita para recollida

* Permanencia do cliente polo tempo mínimo indispensable para a recollida

* Prohibido consumo en interior. Abertos só durante o horario de recollida

* Un traballador atendendo só a un cliente ao mesmo tempo

* Distancia mínima de seguridade con cliente 2 m ou 1 m se existe sistema de protección (biombos, ampliación de mostradores,…)

* Se se pode atender a máis dun cliente á vez por haber máis dun empregado, sinalizar as distancias mínimas entre clientes con marcas, valos, balizas,...Se non se pode, non pode haber máis clientes dentro do local.

* Respectar a normativa de seguridade laboral para os empregados (Epis, máscaras, xel hidroalcohólico, luvas,.…)

* HIXIENE PARA CLIENTES:

- Á entrada do establecemento: xeles hidroalcohólicos
- Á saída do establecemento: papeleiras con tapa de accionamento non manual e bolsa


Ares, 7 de maio de 2020

O alcalde,
Asdo. Julio Ignacio Iglesias Redondo
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares