Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 29 de Novembro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
PEL REACTIVA

SENDARES 2020

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Suspéndese o inicio das escolas culturais e deportivas, as sesións do obradoiro de memoria e a celebración doutras actividades programadas
22 Octubre 2020 14:00
Suspéndese o inicio das escolas culturais e deportivas, as sesións do obradoiro de memoria e a celebración doutras actividades programadas
Debido ás novas limitacións sanitarias que entraron en vigor hoxe, o Concello adoptou a decisión de suspender o inicio das escolas culturais e deportivas, así como outras actividades que implican agrupación dun certo número de persoas.

A Orde da Consellería de Sanidade publicada hoxe, pola que se incrementan as limitacións dos grupos para o desenvolvemento de calqueira actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados durante, polo menos, os próximos 15 días, complica o desenvolvemento do programa municipal xa que habería que reducir aínda máis os grupos (máximo de cinco incluido monitor no caso de actividades en espazos culturais e un máximo de 5 persoas sin contar o monitor para actividades en istalacións deportivas) para asegurar en todo momento a prevención nos termos establecidos. Ademais, a continua revisión das medidas pola incertidume na evolución da pandemia dificulta unha planificación que permita dar certa estabilidade ás escolas na actual situación.

Polo cal, ante esta situación as novas medidas sanitarias en vigor, desde as áreas de Cultura e Deportes decidiuse paralizar temporalmente o inicio das escolas municipais e outras actividades previstas, que se retomarían no momento en que as condicións sanitarias o permitan e se autoricen agrupacións de máis de 5 persoas. Isto implica que se suspende o inicio das escolas deportivas (Ximnasia, Pilates, Ioga, Aerobic, Tenis, Patinaxe, Xogos deportivos, Hockey, Rítmica, Tenis de Mesa e Vela) e as escolas culturais (Música, Pintura infantil e adultos, Baile moderno infantil, Baile latino adultos e Mecanografía); ademáis de suspender o inicio do obradoiro de memoria e pospoñer outras citas programadas: a andaina do próximo domingo do programa Roteiros de Outono, xunto cos obradoiros e actividades do Samaín.

Lembramos que os cambios que entran en vigor a partir de hoxe en Galicia supoñen a limitación dos grupos a un máximo de 5 persoas, a redución a un 50% da capacidade nos establecementos abertos ao público e, no caso da hostalería e restauración, a prohibición do consumo en barra e o tope dun 75% de ocupación nas terrazas; máximo de 50 asistentes a vodas en exteriores e 25 en interior, enterros e velorios con tope de 25 persoas ao aire libre e 10 en espazos pechados, lugares de culto 50% e competicións deportivas onde só poderá haber 75 espectadores se son ao aire libre e 30 se son en recintos cubertos.

Así mesmo, facemos un chamamento para lembrar que todos debemos extremar as precaucións, mantendo a distancia interpersonal, usando a máscara, lavando ou desinfectando as mans frecuentemente e tamén aqueles puntos de contacto habituais (manillas de portas, interruptores, mesas…), ventilando as estancias, non fumando na vía pública ou espazos abertos ao público.

No caso dalgún síntoma da COVID-19 debemos permanecer na casa e avisar ao SERGAS chamando ao 900 400 116.

Grazas pola vosa comprensión e colaboración.

ORDE do 21 outubro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201021/2463/AnuncioC3K1-211020-6_gl.html?fbclid=IwAR0j-FL9931UI8_7yUyVBoKmRkGxGa6S7aadwTpJdgmv_Ne2yE8GaXvtHe8
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares