Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 22 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Oficina de Atención ao Consumidor busca mascota para achegar o servizo aos nenos
19 Decembro 2007 12:51
Co obxectivo de achegar o servizo de información ao consumidor aos máis pequenos da casa, a OMIC de Ares convocará dous concursos. O primeiro, o que busca unha mascota para a oficina municipal e, o segundo, que será xusto despois da resolución do primeiro, o que pretende dotalo dun nome e que, en todo caso, ten que ter relación co que é a OMIC. A iniciativa desenvolverase despois das vacacións de Nadal e os rapaces que resulten premiados recibirán un MP4.
Segundo informa a encargada desta oficina, Mercedes Pérez Vigo, “queremos que a OMIC sexa coñecida non só polos adultos, senón que tamén os nenos, dende pequenos, coñezan os seus dereitos en materia de consumo”. Por iso, e tendo en conta que é máis doado para os rapaces identificar un servizo asociándoo a unha mascota, a Oficina Municipal de Atención ao Consumidor decidíu convocar os concursos.
Unha vez que o xurado elixa a que será a imaxe representativa da OMIC de Ares, ésta incorporarase a tódala cartelería que se confeccione dende dito departamento. Así, por exemplo, se houbera unha charla sobre as rebaixas, no cartel aparecería a mascota poñéndose algunha prenda de roupa.

OBRADOIROS DE 2008

Por outra banda, a responsable da OMIC informou de que a partires de 2008 comezará a impartir obradoiros, dirixidos tanto para adultos como para nenos. Deste xeito, se elixirán temas que poidan ser de interese para un amplo abano de idades, como o etiquetado de produtos ou a elaboración dunha folla de reclamacións; todas elas dende un punto de vista práctico.
Pérez Vigo fixo un chamamento aos veciños de Ares e dos municipios próximos para que acudan a estas actividades, ao tempo que anunciou que as conferencias e iniciativas promovidas dende a OMIC deste Concello estarán recollidas na nova web institucional que nestas datas estase a ultimar.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares