Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 22 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde levará ao pleno do día 27 o convenio de revisión do prezo do subministro de auga
17 Decembro 2007 13:09
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, informou de que plantexará, tanto na reunión que manterá a Mancomunidade o vindeiro venres ás cinco da tarde –a primeira deste mandato- como en Augas de Galicia, os importantes problemas de presión que está a padecer Ares pola aceleradora instalada no municipio de Mugardos. Neste sentido, o alcalde socialista referíuse ao informe técnico realizado pola empresa Aquagest, que conclúe que dita bomba aceleradora provoca mermas na presión en valor procentual de ata o 51%.
Ademais, Julio Iglesias fixo alusión aos datos dados a coñecer esta mesma fin de semana pola prensa, na que se afirmaba que Ares tiña un consumo anual de agua de 250.000 metros cúbicos, mentres que Mugardos, cunha poboación similar, duplicaba a cantidade de Ares, o que supón un claro síntoma do importante uso industrial que fai o municipio vecino fronte ao mayoritariamente doméstico de Ares. Así as cousas, o alcalde pretende acadar unha solución que garanta un servizo da máxima calidade para os veciños deste concello.
Para o alcalde, o convenio de revisión do sistema de pago e do prezo do subministro de auga potable a este Concello por parte do de Ferrol, que se asinará próximamente, permite traballar nesta liña, xa que, como dixo, a revisión de prezos ten que vir acompañada dunha mellora no servizo que se presta. O acordo, que precisamente foi suscrito esta mañá polo Concello de Narón, vén a regular un servizo que se presta pola rede de conducción procedente da estación de tratamento de auga potable e dos depósitos de Santa Mariña e Catabais á rede de distribución propia do Concello de Ares.
Ademais, o documento que será sometido á votación dos grupos municipais determina que a cuantificación dos metros cúbicos subministrados por Ferrol realizarase mediante lecturas mensuais conxuntas por parte do persoal ou empresaa designada polos dous municipios; lecturas que serán a base da liquidación que se leve a cabo. Partindo dun IPC interanual do 3%, os prezos por metro cúbico fixados para cada ano son 0,100000 euros en 2007; 0,106000 en 2008; 0,125080 en 2009; 0,145093 en 2010; 0,165406 en 2011; e 0,173891 euros en 2012. A partires de entón, e tendo en conta unha revisión no suposto de que o IPC fora superior ou inferior ao 3% considerado, a actualización será dacordo co IPC interanual publicado polo Instituto Nacional de Estadística correspondente ao mes de decembro do ano anterior.
O convenio que asinarán proximamente os Concellos de Ares e Ferrol ten unha duración de dez anos –considérase que entra en vigor o 1 de xaneiro de 2007-, prorrogables tacitamente por períodos de igual duración se ningunha das partes denuncia o remate do contrato ou da duración de calquera das súas prórrogas cunha antelación de tres meses.
As facturas que remitirá o Concello de Ferrol ao de Ares terán que ser aboadas nun prazo do 90 días.
O rexedor de Ares destacou o contido do acordo, xa que, como asegurou, pon de manifesto a boa vontade tanto dos alcaldes dos municipios aos que abastece Ferrol, conscentes da necesidade de revisar uns prezos que non se modificaban dende 1984, como a do propio Concello da cidade naval, que rebaixou as súas pretensións iniciais dunha forma considerable.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares