A oficina técnica de Correos comezará a funcionar na primeira semana do mes de maio
15 Abril 2008 11:35A oficina técnica de Correos en Ares comezará a funcionar na primeira semana de maio. Asà o adiantou hoxe o xefe de Sector da compañÃa, Feliciano Fraguela, no marco dunha reunión que mantivo co alcalde, Julio Iglesias, na Casa do Concello.
Foron pouco máis de dous meses –un récord, segundo Fraguela-, os que se precisaron para informatizar a oficina actual –traballos que xa están rematados- e, na actualidade, a persoa que se fará cargo da atención ao público –a que estaba traballando en Correos de Ares- está realizando un curso de formación nunha oficina similar á que terá este municipio en cuestións de dÃas.
A decisión de converter a anterior oficina en técnica foi adoptada en último término polo Consello de Administración de Correos a principios do mes de febreiro, se ben as xestións foron iniciadas hai meses polo rexedor socialista con diferentes responsables desta empresa. Ditas conversas tiveron como consecuencia máis destacable a realización de informes favorables á ampliación de servizos nas instalacións de Ares.
Asà as cousas, dende primeiros de maio, os aresáns poderán facer uso de tódolos servizos que ofrece Correos nun horario moito máis amplo que o anterior. Concretamente, o horario de atención ao público será de 08.30 a 14.00, de luns a venres, e de 09.30 a 13.00 horas, os sábados.
Operacións bancarias a través de Bancorreos, transaccións internacionais (de grande importancia sobre todo para os inmigrantes) e xiros rápidos, asà como recarga de móbiles, cobro de recibos e a totalidade de servizos postais (incluido o burofax) forman parte da nova oferta da oficina de Ares.
Ademais da ampliación de servizos e do horario de apertura, os usuarios poderán facer as súas xestións con máis rapidez, xa que a nova oficina non dependerá da de Fene e, polo tanto, poderá validar no momento tódolos documentos, recibos e xustificantes que tramite.
Para Julio Iglesias, o novo servizo vén cubrir unha importante carencia e demanda que tiña a vila, cuxos veciños, a partires das 11.00 horas, tiñan que desprazarse a outros municipios para poder enviar unha carta ou facer algunha outra xestión relativa a Correos.