Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 22 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
As quince mulleres do curso FIP de auxiliar de atención a domicilio rematan hoxe as prácticas
18 Decembro 2007 13:11
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, e os directores dos centros Abrente e Laraxe entregarán o vindeiro venres, día 21, os diplomas ás quince mulleres que participaron no curso FIP (Formación en Inserción Profesional) de Auxiliar de Axuda a Domicilio, promovido pola Concellaría de Servizos Sociais. O acto está previsto para as 14.00 horas na Casa Consitorial.
O seminario conclúe hoxe despois de 400 horas, repartidas entre a parte teórica –a primeira en impartirse, concretamente dende o 20 de agosto- e a práctica –desenvolvida entre o 29 de outubro e esta mesma xornada-. Precisamente os centros da terceira idade de Laraxe e Abrente foron os lugares nos que as mulleres realizaron, en horario de mañá e tarde, as súas prácticas.

CONTRATACIÓN DO 40% DAS PARTICIPANTES

O obxectivo dos cursos FIP é o de formar a persoas desempregadas –requisito imprescindible para poder participar neles- para que poidan acceder a un posto de traballo. Neste caso concreto, os traballos relativos á terceira idade e os seus coidados constitúen un importante filón de emprego e contan cun elevado nivel de colocación laboral. De feito, o 40% das participantes xa foron contratadas nalgún dos centros colaboradores.
O curso de Auxiliar de Atención a Domicilio foi impartido por unha gerontóloga, Ana María Cal (profesora da Universidade de Santiago), e unha enfermeira. Dase a circunstancia, ademais, de que as quince mulleres inscritas dende o principio remataron o seminario, polo que todas recibirán o diploma acreditativo.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares