Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
"Por terra, mar e aire" arranca o día 24 con diversas actividades nas que participan de forma conxunta dos Concellos de Ares e Mugardos
07 Maio 2008 09:22
Un ano máis, os Concellos de Ares e Mugardos organizan unha nova edición do programa “Por terra, mar e aire”, que inclúe diversas iniciativas de índole deportiva e que conta coa colaboración de varias entidades da comarca e o patrocinio de diversas empresas.
A vinculación coa naturaza é un dos sinais de identidade de “Por terra, mar e aire”, que comeza as súas actividades con “Canoa na ría de Mugardos” o día 24 deste mes. Trátase dunha iniciativa dirixida a maiores de 12 anos (con permiso dos pais ou titores) e dirixida polo Club Firrete de Pontedeume, que consiste na iniciación e perfeccionar o desprazamento en canoa dende o Club do Mar de Mugardos.
Unha xornada máis tarde, a do 25, terá lugar “Rotas a cabalo polo Belelle”, coa que se abre a posibilidade para os maiores de 12 anos de percorrer a cabalo a zona do Belelle con guía en grupos de ata sete persoas. Esta actividade estará dirixida pola Escola de Equitación Belelle de Neda.
O 31 de maio, desenvolverase unha actividade similar á realizada o día 24 en Mugardos, aínda que neste caso o escenario será a ría de Ares.
Tamén Ares, concretamente o pavillón municipal, será o lugar de saída e chegada dunha das iniciativas estrela deste programa, a “Rota entre dúas rías”. Trátase da décima edición desta actividade intermunicipal de bicicleta de montaña. Os interesados en participar (maiores de 15 anos con licenza federativa ou, no caso de non tela, haberá que pagar 8 euros e presentar autorización) terán que percorrer unha rota de 40 km., de dificultade media-alta. Ao seu remate –durante o traxecto haberá avituallamiento, ademais de guías en todo o percorrido, ambulancia, mecánico, lava bicicletas, despacho de billetes e duchas-, entregaranse agasallos aos participantes, así como premios ao máis novo, o máis veterano, ao clube máis numeroso e ao chegado de máis lonxe. Esta actividade, que se desenvolverá o 1 de xuño, estará dirixida pola Asociación Recreativa Bimares en colaboración do Club Ciclista Ferrol.
Nesta mesma xornada, terá lugar unha nova edición de “Rotas a cabalo polo Belelle”, mentres que o día 15 de xuño o sendeirismo será o protagonista. En concreto, a iniciativa, dirixida pola Agrupación de Montaña i Escalada Bestarruza de Mugardos, consiste nunha rota entre Mugardos e Ares, con saída e chegada do pavillón municipal do Cristo do primeiro dos concellos. Poderán participar nesta décima edición da rota de sendeirismo, de 25 km. de percorrido e dificultade media-baixa, os maiores de 12 anos con permiso dos seus pais ou titores.



INFORMACIÓN E INSCRIPCIÓNS

As persoas que queiran recibir máis información sobre calquera destas actividades ou pretendan formalizar a súa inscripción poderán facelo chamando aos teléfonos 981 448 057 (Alianza Aresana) ou www.concellodeares.com, no caso de Ares, ou no 981 470 338 ou www.concellodemugardos.com, no de Mugardos. Para a rota de bicicleta, tamén é posible inscribirse nos locais de Bimares e do Club Ciclista Ferrol, así como a través das súas web (www.bimares.net e www.clubciclistaferrol.es), teléfonos móviles 696 768 494 e 639 889 007 e teléfono e fax 981 327 662 ou 981 448 439.
O número de prazas oscila entre as 14, das rotas a cabalo polo Belelle, e as 200, da rota de bici de montaña entre as dúas rías. En canto aos prezos, deberán abonarse previamente a través dun ingreso bancario (os números de conta serán facilitados aos interesados) e tamén serán de diferente contía en función das actividades. Así, a rota en canoa suporá un desembolso de 10 euros por persoa; a de cabalo 8 euros; a rota en bicicleta 12 euros (8 máis para os non federados); mentres que a rota de sendeirismo terá un custe de 6 euros.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares