Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 13 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Servizos Sociais organiza unha charla sobre fibromialxia e outra sobre inmigración e emprego
16 Maio 2008 10:44
O Concello de Ares, a través da área de Servizos Sociais, organiza unha serie de actividades e xornadas dirixidas aos veciños deste municipio, das que hoxe deron conta os responsables municipais na comisión informativa correspondente.
A primeira será unha charla sobre a fibromialxia, que se desenvolverá no salón de actos da Alianza o día 26 a partires das 19.00 horas. Os motivos desta conferencia, que será impartida por un membro da asociación ferrolá, son a recente celebración do Día Mundial da Fibromialxia, que tivo lugar o 12 de maio, e a vindeira conmemoración do Día Internacional de Acción pola Saúde da Muller, o 28.
A segunda iniciativa, como indicou a concelleira de Servizos Sociais, Victoria Montenegro, consiste nunhas xornadas sobre inmigración e emprego que terán tamén como escenario o salón de actos da Alianza e que se celebrarán o día 28 do presente mes. Neste caso, os destinatarios son os xestores de recursos humáns no texido empresarial -directores, xerentes, empresarios e mandos intermedios-, así como persoal xestor e técnico de organismos públicos e privados que presten servizos a empresas, e público en xeral.
Despois da benvida e inauguración, que correrá a cargo dos Servizos Sociais do Concello e da propia Fundación Fuertes, comezará unha charla sobre a experiencia de diferentes empresas en materia de inmigración. Despois, terá lugar a conferencia sobre “Beneficios de la integración de personas inmigrantes en la empresa” e, finalmente, se desenvolverá a de “La contratación de inmigrantes. Aspectos legales”. A clausura está prevista para as 21.30 horas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares