Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 13 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Policía Local prepara un dispositivo de tráfico con motivo da celebración do Corpus
16 Maio 2008 11:30
A Policía Local do Concello de Ares, en colaboración con Protección Civil e a Garda Civil de Mugardos, vén de deseñar un dispositivo especial de tráfico para os días 24 e 25 de maio, datas nas que se desenvolve a celebración do Corpus e a preparación das tradicionais alfombras.
Durante as dúas xornadas, a entrada á vila farase pola Porta do Sol e rúa Os Anxos ata chegar á altura da avenida de Mugardos, donde poderase coller ben á dereita con dirección a Mugardos ou ben saír do pobo. Os que queiran ir ata o porto deportivo, terán dúas alternativas para facelo: a primeira, entrando pola avenida do Mazote e pasando por avenida de Mugardos, Celso Emilio Ferreiro, avenida da Paz, Zamborela e rúa Alfolí, e a segunda, accedendo pola rúa Os Anxos ata a avenida de Mugardos, para xirar posteriormente á dereita con dirección á avenida Celso Emilio Ferreiro, da Paz, Zamborela e rúa Alfolí. A saída do porto deportivo con dirección Ferrol-A Coruña se fará retornando pola avenida Tenente Xeral Gabeiras ata o cruce coa rúa Mártires, para circular a continuación por San Andrés, avenida da Paz, rúa Ramón Pimentel, avenida de Mugardos e avenida do Mazote.
En canto aos estacionamentos, a Policía Local recomenda aos visitantes seguir a rota pola avenida do Mazote ou ben pola rúa dos Anxos, en dirección á avenida de Mugardos, donde hai un lugar amplo para deixar os vehículos. Ademais, e aínda que con menos espazos, habilitaranse estacionamentos na Ciscada (á entrada do pobo, tanto no marxe dereito como no esquerdo) e no colexio Conde de Fenosa (rúa Celso Emilio Ferreiro).
As rúas que ao longo destes días permanerán pechadas ao tráfico son Real, María, e o tramo da rúa Os Anxos comprendido entre a avenida de Mugardos e a Igrexa, e o da rúa Santa Bárbara, entre a avenida de Mugardos e o Concello. Nestes dous últimos casos, si estará permitido o paso para os residentes.

ACTOS RELIXIOSOS

O programa relixioso comezará xa o día 22 (xoves), co Triduo de preparación ao Corpus, que terá lugar na Igrexa de San Xosé ás 19.00 horas e que se desenvolverá, cos mesmos horarios, ata o sábado 24.
Xa o día 25, celebrarase unha misa solemne ás 17.00 horas, para, a continuación, proceder á procesión co Santísimo Sacramento, que fará o tradicional percorrido polas rúas da vila.



COLABORACIÓN DO CONCELLO

O Concello de Ares quixo involucrarse na organización e desenvolvemento desta data, unha das máis importantes do calendario local e nas que o pobo recibe un maior número de visitantes. Así, ademais de colaborar, xunto coa Deputación, na publicación duns trípticos sobre a celebración na vila do Corpus Christi, puxo a disposición dos responsables da elaboración das alfombras florais varios locais para levar a cabo a súa confección, como o baixo da Alianza e as Escolas do Lago.
Tamén se encargará de dotar dos puntos de luz necesarios aos veciños durante a noite do 24 ao 25 para que poidan traballar con comodidade.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares