Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 13 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Presentan a programación deportiva de verán que organiza a Concellaría desta área
16 Maio 2008 14:02
O Concello de Ares, a través da área de Deportes, xa ten deseñada a programación deste verán. O alcalde, que ostenta esta Concellaría, informou esta mañá en comisión informativa do seu contido, que tamén inclúe as actividades deportivas que terán lugar nas diferentes sociedades do termo municipal.
En total, son 36 as iniciativas que se ofertarán ao longo dos meses de xullo e agosto, que van dende os campamentos urbanos deportivos (iniciación á natación, xogos na area, multideporte, etc.) ata cursos de diferentes modalidades, pasando pola Escola de Vela do Náutico ou as regatas e a Semana Náutica-deportiva “Caixa Galicia”, entre moitas outras.

BICICLETARES

Outro punto da orde do día foi o relativo ao estado de execución do proxecto “En bici por Ares: BicicletARES”, incluido dentro do Plan de Dinamización do Produto Turístico de Ferrol-Ortegal. A este respecto, hai que subliñar que o proxecto se atopa rematado e coas obras xa recepcionadas por parte da Deputación, polo que unicamente resta agardar a que o grupo das alfombras florais deixe o baixo da Alianza (cedido para a súa elaboración por parte do Concello dende o mes de abril) para proceder, despois de facer unha limpeza do local, á súa inauguración oficial.
Nesta mesma liña, o Concello acordou establecer un convenio coas Sociedades Outeiro de Chanteiro, CIRS de Cervás, Club de Tenis de Redes e Club Náutico de Ares para que nos locais de ditas entidades se habiliten puntos de aluguer e custodia de bicis e, deste xeito, que o servizo estea operativo ao longo de todo o termo municipal.
Na actualidade, a Xerencia do Plan de Dinamización traballa na traducción da normativa de usos do proxecto a cinco idiomas: galego, español, portugués, francés e inglés.
Ademais, se está a traballar no establecemento de rotas e na súa sinalización, así como na redacción dun catálogo que inclúa ditas rotas e información das mesmas; aspectos dos que o Concello xa informou á Xerencia do Plan.

BALANZOS

Por outra banda, o equipo de goberno trasladou ao resto dos grupos políticos un balanzo sobre a I Exhibición de Ximnasia Rítmica “Concello de Ares”, celebrada o pasado 1 de maio no pavillón municipal. Esta cita deportiva foi un éxito, xa que acadou a participación de 287 nenas de entre 5 e 20 anos e a asistencia de arredor de 1.300 espectadores.
Coincidindo co remate das Escolas Deportivas Municipais, previsto para o día 31, o técnico deportivo do Concello fixo un primeiro balanzo das mesmas, no que destaca, en primeiro lugar, a alta demanda de participación nas actividades propostas así como a diversificación das mesmas, acadada grazas á ampliación da oferta e da posta en funcionamento do campo de fútbol de herba artificial. Así mesmo, púxose este ano por primeira vez en marcha un procedemento para recibir información, consistente na recollida de reclamacións e suxestións dos usuarios. Na vindeira comisión darase conta das enquisas que se fixeron entre as persoas que participaron nalgunha das actividades municipais.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares