Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 15 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello convoca unha nova edición do concurso de fotografía "Alianza Aresana"
19 Maio 2008 14:09
Imaxe
O Concello de Ares, a través da área de Cultura, convoca, un ano máis, o Concurso de Fotografía Alianza Aresana. O prazo de presentación das imaxes comezou o pasado xoves, día 15, e permanecerá aberto ata o 15 de setembro.
Durante este período, as persoas que desexen participar no certame poderán facelo deixando as fotografías na biblioteca municipal ou ben a través da web do Concello. Neste último caso, os participantes deberán enviar a/as imaxe/es ao correo electrónico concursofoto2008@concellodeares.com.
Nesta ocasión, as modadalidades do certame son, en primeiro lugar, de fotos antigas de Ares (orixinais) e, en segundo, de Ares, o seu entorno, as súas festas e as súas xentes.
No caso da categoría de “Fotos antigas dixitalizadas”, nace co obxectivo de incrementar o coñecemento da historia deste Concello mediante a difusión de imaxes antigas (terán que ser anteriores a 1975), ademais de promover a participación cidadá coa uso das novas tecnoloxías. Coa convocatoria preténdese mostrar aquelas imaxes que, máis aló do retrato familiar, reflexen de forma xenérica xeitos de vida xa pasadas de Ares –celebracións, apeiros de labranza, utensilios en desuso, festexos, oficios tradicionais…-, lugares do municipio que teñan unha compoñente de interese social o que foran alterados co paso do tempo –monumentos, pobos, parques, paseos…- e acontecementos históricos, sociais, de lecer ou deportivos que recuperen a memoria colectiva do Concello de Ares.
As fotografías enviadas en CD ou por correo electrónico deberán ter formato JPEG e modo de cor RGB, cun tamaño mínimo de 1600x1200 pixels.
No mesmo correo, os participantes terán que rechear obrigatoriamente os seguintes campos da aplicación: título da imaxe, data da súa obtención (ano real ou aproximado), lugar que aparece na foto, breve descripción do que se ve, nome, dirección e teléfono do concursante e pseudónimo (no caso de que non queira que apareza o seu nome).
Cada concursante poderá presentar ata un máximo de cinco fotografías, e co material entregado o Concello fará unha exposición on line e outra física (o mesmo ocorre coa segunda das categorías convocadas).
Na categoría de “Ares, o seu entorno, as súas festas e as súas xentes”, os concursantes poderán presentar ata un máximo de tres fotografías por tema, que terán un tamaño de 24x36 cm ou 30x40 cm., figurando na súa parte posterior tódolos datos do seu autor. Ademais, deberán enviarse montadas en cartón pluma para permitir a súa exposición. Xunto coas imaxes, enviarase un CD cos arquivos das fotografías presentadas en JPEG e modo de cor RGB, cun tamaño mínimo de 1600x1200 pixels. Non serán admitidas imaxes obtidas mediante composicións de varias fotos, nin fotocomposición nin manipulación dixital.
Segundo informou a Concellaría de Cultura, haberá dous xurados; o primeiro, formado por dous fotógrafos e un responsable deste departamento municipal, seleccionará cada mes dez fotografías por tema entre todas as recibidas, e premiará a mellor. O premio mensual nas dúas categorías será de 100 euros máis un diploma. As fotografías seleccionadas cada mes, que se mostrarán na web do Concello, pasarán á fase final do concurso.
En canto ao xurado final, estará formado por máis de catro profesionais, que se darán a coñecer durante a primeira semana de decembro. Dito xurado será o encargado de outorgar o primeiro e o segundo premio de cada categoría. En ámbolos dous casos, o primeiro premio será de 600 euros máis un diploma, mentres que o segundo consistirá en 300 euros.
A entrega dos galardóns será a partires do 5 de decembro, e a data, lugar e hora deste acto será publicada previamente na web e notificada persoalmente aos gañadores.

Pode descargar as bases do concurso aquí
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares