Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 15 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello solicita unha subvención para dotar de banda ancha a todo o municipio
20 Maio 2008 11:52
O Concello de Ares vén de presentar perante o Ministerio de Industria un proxecto de instalación dunha rede inalámbrica para proporcionar o acceso a Internet de banda ancha ao municipio, fundamentalmente ás zonas rurais (Cervás, Chanteiro e Caamouco), donde en moitos casos os veciños non dispoñen deste servizo.
O custe total da actuación é de 244.000 euros e, no caso de que o Ministerio acepte subvencionalo dentro do Plan Avanza, a axuda podería chegar ata o 80% da inversión orzamentada.
Para o alcalde de Ares, o socialista Julio Iglesias, a intervención é moi necesaria e se enmarca dentro dunha política do actual equipo de goberno dirixida a fomentar o desenvolvemento tecnolóxico a través de posta en marcha de servizos que acheguen as novas tecnoloxías a tódolos cidadáns e sectores da poboación do municipio.
No proxecto que se enviou ao Ministerio de Industria, se contempla a instalación dun sistema wi-fi consistente na colocación dunha antena principal en Montefaro que será a encargada de enviar o sinal aos diferentes puntos de acceso distribuidos ao longo do termo municipal e que, á súa vez, levarán o sinal aos usuarios.
A actuación ten un prazo de execución de seis meses, aínda que, segundo informan dende os servizos informáticos do Concello, en moitos lugares dito prazo será inferior, xa que a medida que se vaian instalando os puntos de acceso, o sinal xa estará disponible para ditos espazos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares