Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 25 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
LETRAS GALEGAS 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde afirma que neste primeiro ano de goberno cumpriuse boa parte do programa electoral do PSOE
28 Maio 2008 14:33
Coincidindo coa celebración do primeiro aniversario das eleccións municipais, que supuxeron un cambio de goberno no Concello de Ares –a toma de posesión foi o 16 de xuño de 2007-, o alcalde, o socialista Julio Iglesias, ofreceu unha rolda de prensa para facer un balance destes doce meses. Un período que, segundo cualificou, estivo marcado polo diálogo institucional e no que, engadíu, os obxectivos marcados foron “moi ambiciosos”.
Nesta liña, o rexedor afirmou que boa parte dos obxectivos contemplados no programa electoral co que o PSOE se presentou ás eleccións municipais do pasado 27 de maio xa están encamiñados, grazas ás xestións realizadas polo goberno local e a colaboración con outras administracións. A galescola e o centro de día, cuxos proxectos están en fase de licitación; a ampliación do centro de saúde, que poderá comezar a construirse en xaneiro do vindeiro ano despois de cinco anos con numerosos problemas entre a Consellería de Sanidade e o entón grupo de goberno local; o relanzamento da EDAR e o compromiso da Consellería de Medio Ambiente de sufragar o saneamento de Chanteiro, así como a execución do parque fluvial en A Xunqueira, forman parte das iniciativas levadas a cabo ao longo deste primeiro ano de goberno. Sobre esta última cuestión, Iglesias, que destacou a implicación deste departamento da Xunta con Ares, anunciou que o Concello está a piques de asinar o convenio coa Consellería para a súa execución, que suporá unha inversión de arredor de medio millón de euros e consistirá na unión mediante un paseo fluvial na marxe de servidumbre, a través do fío natural que supón o propio río, entre o parque Rosalía de Castro e a parcela de 13.000 metros cadrados e no que se instalarán diferentes equipamentos de lecer. O proxecto executarase en dúas fases, unha este mesmo exercicio e a segunda ao longo de 2009.

SANTA CATALINA

En canto a Santa Catalina, o alcalde de Ares lembrou que o seu programa apostaba pola revitalización do cenobio; un obxectivo que, despois de diversas xestións, semella a piques de converterse nunha realidade. “Hoxe estou en condicións de dicir que Defensa está examinando o convenio de cesión”, manifestou Julio Iglesias, que subliñou a posibilidade de que dito convenio inclúa outras baterías militares. Tamén asegurou que o Plan Director, que está a elaborar a Dirección Xeral de Patrimonio –organismo que tamén aprobou unha partida para executar varias obras de urxencia no mosteiro-, está prácticamente rematado, e destacou o compromiso da Dirección General de Bellas Artes para actuar urxentemente nas pinturas renacentistas, practicamente desaparecidas.
Finalmente, o alcalde, que afirmou que neste ano se fixo máis polo mosteiro de Santa Catalina que en tódolos anteriores, referiuse ao compromiso das tres administracións (Defensa, Xunta e Concello) para dar o impulso necesario, unha vez que estean os temas anteriormente citados solventados, ao cenobio e á súa recuperación integral.
Outro dos asuntos que mencionou está mañá o rexedor aresán foi o relativo á inversión de Costas no municipio, que ata o momento ten como principal exemplo a rehabilitación integral da fachada marítima de Redes. Esta obra, como apuntou Iglesias, será completada cos traballos de pavimentación que realizará o Concello, un deles grazas á aportación da Dirección Xeral de Administración Local (Presidencia). Precisamente esta actuación recibíu esta mesma semana o visto bo de Patrimonio.
A ampliación das infraestructuras pesqueiras, coa próxima execución na zona do porto deportivo do edificio de departamentos, que permitirá “que os aresáns poidan realizar as labores pesqueiras de terra a cuberto”; a adquisición da nave da Sociedade de Productores de Cervás coa subvención da Consellería de Presidencia (na actualidade estase a estudar a mellor utilidade para estas instalacións); as xestións efectuadas con Correos para que Ares xa dispoña dunha oficina técnica; ou as negociacións con varios departamentos da Xunta para a compra das Escolas do Lago (Escuela de Niñas), son outras das iniciativas xestionadas pola Alcaldía con outras administracións neste último ano.
Tampouco esqueceu o rexedor o traballo feito nestes meses polas diferentes concellarías; traballo que, dixo, “non se estaba realizando anteriormente”. Como exemplo, Iglesias citou a posta en marcha do ciclo literario “Falares”, un “dos máis interesantes dos últimos anos en Ares”, e que permite traer cada dous meses ao municipio a un dos escritores máis relevantes do panorama literario galego para presentar unha das súas obras.
“Neste tempo relativamente curto, estase a visualizar o que eran os soños do PSOE para este pobo de Ares”, manifestou Julio Iglesias, que asegurou que o equipo de goberno local está a dar “pasos firmes e decididos” para acadar tódolos obxectivos plantexados antes dos comicios do pasado ano.
Pero, como recoñeceu o rexedor, para acadar todos estes acordos –a maioría, destacou, por unanimidade nos plenos-, é necesario por en valor o diálogo permanente en plenos, comisións e xuntas de portavoces, xa que o actual goberno non conta coa maioría suficiente para levar a cabo en solitario ditos proxectos. “Tódolos proxectos son froito do consenso”, dixo o alcalde aresán, que, nesta liña, dixo que “imos acadando un consenso cotidiano e que se loita día a día” e que, “dende a minoría, estamos acadando a recuperación da vida democrática normalizada”.
Así mesmo, quixo facer un recoñecemento a tódolos membros da corporación municipal e aos diferentes grupos e portavoces polo traballo que están realizando, xa que “nós temos o impulso, e a corporación a decisión”.

RETOS DE FUTURO

Como principais retos de futuro, e para os que xa están postas as primeiras pedras, Julio Iglesias referiuse, en primeiro lugar, ao abastecemento non só das zonas altas do municipio (Lubre, Cervás e Chanteiro), senón tamén de Caamouco. O rexedor socialista lembrou os problemas de presión polas limitacións de diámetro e a caida da canalización de As Pías; limitacións que se incrementan porque Mugardos consume, pola presenza no seu termo municipal de industria, o dobre de auga que Ares.
A este respecto, Iglesias informou de que existe un proxecto de Augas de Galicia para facer unha nova conducción, de forma que cada un dos Concellos (Ares e Mugardos) reciba a auga de forma independente, e que unicamente resta a aprobación da licenza de obra pertinente por parte do Concello de Fene, xa que a conducción discurrirá por dito municipio.
O segundo dos proxectos ten ao deporte como protagonista. Despois de acadar unha serie de actuacións para o campo de fútbol municipal de Prados Vellos, o grupo de goberno é consciente das carencias que ten o municipio para a práctica deportiva e ésta é precisamente a súa aposta. O alcalde de Ares subliñou o compromiso adquirido no seu programa electoral para convertir a parcela propiedade do Concello en Pedrós (na que o anterior rexedor quería construir o centro de saúde) nunha cidade deportiva.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares