Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 25 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
LETRAS GALEGAS 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
"Por terra, mar e aire" ten na rota en bici de montaña deste domingo unha das súas actividades estrela
29 Maio 2008 11:14
Unha das principais actividades do programa “Por terra, mar e aire”, que organizan os Concellos de Ares e Mugardos en colaboración con diferentes entidades e empresas da zona, terá lugar o vindeiro domingo, día 1 de xuño. Trátase da “Rota entre dúas rías”, de bici de montaña.
Con ésta, serán dez as edicións de dita actividade, que ten 40 kilómetros de percorrido e que nesta ocasión sairá do pavillón deportivo municipal de Ares ás 09.00 horas (tamén este punto será o de chegada). Ata o momento, xa hai máis de 150 inscritos, polo que se agarda que mañá, cando se peche o prazo, o número de participantes chegue aos 200 (total de prazas convocadas).
Durante o percorrido, de dificultade media-alta, haberá aviatuallamento, ademais de guías e ambulancia. O servizo de lava-bicicletas, os despachos de billetes e as duchas completan o dispositivo. Ao remate, procederase á entrega de agasallos aos participantes e ao máis novo, ao máis veterano, ao clube máis numeroso e ao que veña de máis lonxe. Tamén haberá un pincho.
As persoas que queiran participar na rota poderán facelo ata mañá ás 14.00 horas nas OMIX de Ares e Mugardos, a través das web de Bimares (www.bimares.net) e o Club Ciclista Ferrol (www.clubciclistaferrol.es), así como nos locais sociais destas dúas entidades. A actividade vai dirixida a maiores de 15 anos con licenza federativa. No caso de non dispor dita licenza, os participantes deberán pagar 8 euros e presentar autorización.
Outras das actividades de “Por terra, mar e aire” que terán lugar estes días son “Canoa na ría de Ares”, o sábado 31, e “Rotas a cabalo polo Belelle”, o domingo 1 de xuño. A primeira, que se desenvolverá entre as 10.00 e as 13.00 horas, vai dirixida a maiores de 12 anos co permiso das nais/pais/titores. Os participantes sairán do Club Náutico Ría de Ares e poderán iniciarse ou perfeccionar os seus coñecementos en desprazamento en canoa. O prazo de inscripción remata hoxe ás 19.00 horas.
As rotas a cabalo teñen como destinatarios tamén aos rapaces maiores de 12 anos, cos permisos correspondentes, e consisten nun percorrido a cabalo pola zona do Belelle durante unha hora con guía en grupos de ata 7 persoas. Deste xeito, formaranse dúas quendas: a primeira, de 17.30 a 18.30 horas, e a segunda, de 18.30 a 19.30 horas.
O prazo de inscripción remata mañá venres ás 13.00 horas e as persoas interesadas poderán apuntarse, ata completar as 14 prazas convocadas, nas OMIX de Ares e Mugardos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares