Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 20 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O pleno da corporación aproba o II Plano de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres
29 Maio 2008 14:42
O pleno da corporación, reunida esta mañá en sesión ordinaria de fin de mes, aprobou, cos votos favorables do PSOE, PP e NAL e a abstención do BNG, o II Plano de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres do Concello de Ares. Un documento que, ademais de ser unha ferramenta fundamental para acadar unha igualdade efectiva entre xéneros e de marcar as liñas de actuación que debe promover a administración local neste sentido, constitúe un elemento necesario para a solicitude dalgunhas subvencións a outras institucións.
Tamén se deu o visto bo á creación do grupo municipal de Protección Civil, co mesmo resultado no que se refire ás votacións que o punto anterior (o BNG pediu, sen que a proposta saíra adiante, que o asunto quedara sobre a mesa á espera dun informe do secretario do Concello). Este servizo, como explicou o alcalde de Ares, Julio Iglesias, está contemplado no PEMU (Plan de Emerxencias Municipal) do Concello, recentemente homologado pola Dirección Xeral de Protección Civil e, ademais, vén determinado pola adquisición dun vehículo contraincendios que forma parte dos servizos de intervención e que unicamente pode ser conducido por unha persoa co carné de tipo C. Xa que no caso deste municipio os encargados de desenvolver estas actuacións de intervención rápida son os voluntarios de Protección Civil (o Concello non ten Bombeiros e está á espera de que remate a prórroga dun ano para a concesión dos Grumir, aprobados seis para Ares), o grupo de goberno decidíu que fose un empleado municipal, o único co carné C, o responsable de Protección Civil. Ademais, dito empleado, co que se negociou unha subida salarial pola súa disponibilidade, será o encargado de conducir o camión, que ata o momento fixo cinco saídas (dúas de moita urxencia).
O regulamento para a concesión de subvencións para entidades culturais sen ánimo de lucro de Ares; a nova organización de Costa Ártabra, que integrará aos municipios e entidades da comarca do Ortegal para a xestión do programa Leader; e a resolución da Alcaldía para as subvencións de Servizos Sociais para as corporacións locais foron outros dos puntos aprobados, nestes casos por unanimidade, na sesión plenaria desta mañá.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares