Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 25 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
LETRAS GALEGAS 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello invita aos aresáns a acudir á exposición que sobre o Himno Galego se exhibirá no Casino ata o día 13
02 xuño 2008 12:53
O Casino Aresano é o lugar elixido pola Fundación Iniciativas 21 para expor estes días a mostra sobre o Himno Galego que ata o momento visitou as localidades de Culleredo, Ferrol e Fisterra, e que agora chega a este municipio. A inauguración terá lugar mañá martes ás 19.00 horas e está prevista a presenza do presidente da Deputación Provincial, Salvador Fernández Moreda, do presidente da Fundación, Ramón Máiz, da súa directora, Mercedes Rosón, e do primeiro tenente de alcalde de Ares, José Juan Vilasánchez (o alcalde estará fóra por motivos de traballo), entre outras autoridades.
A mostra, que fai un percorrido pola historia do himno galego a través de paneis e diversos obxectos propiedade da Fundación e outras institucións (como un enorme mural fotográfico do Real Coro Toxos e Froles), forma parte dos actos e actividades promovidas co gallo da recente celebración do primeiro centenario do himno.
O Concello fai un chamamento aos aresáns para que se acheguen a coñecer a exposición, que estará aberta ao público ata o día 13 de xuño no horario habitual do Casino.
Posteriormente, a mostra viaxará a Camariñas para expoñerse, despois do verán, en Rianxo.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares