Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 25 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
LETRAS GALEGAS 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Ducias de persoas achegáronse á mesa informativa instalada polo Concello para celebrar o Día Mundial sen Tabaco
03 xuño 2008 09:42
A Concellaría de Servizos Sociais, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), e coa colaboración de Berta Gómez (coordinadora provincial do Programa Galego de Promoción da Vida sen Tabaco), conmemoraron esta mañá o Día Mundial sen Tabaco, que se celebrou o pasado 31 de maio. En concreto, o Concello instalou, entre as 11.30 e as 13.00 horas, unha mesa nos arredores da Casa Consistorial, na que se repartíu información sobre os riscos do tabaco para a saúde e na que, ademais, as persoas que o desexaron fixéronse cooximetrías para coñecer o nivel de monóxido de carbono dos seus pulmóns. Berta Gómez, xunto cun grupo de enfermeiras, foron as encargadas de repartir o material e de facer esta proba gratuita.
A iniciativa obtivo unha importante resposta cidadá, xa que foron ducias as persoas que se achegaron ata a mesa informativa ao longo da mañá tanto para facer dita proba como para recoller o diverso material disposto para tal fin.
Con esta actividade, o Concello de Ares quere facer un chamamento á poboación sobre os riscos do tabaquismo para a saúde. Nesta liña, o grupo de goberno subliña que cada día se fan adictos ao tabaco no mundo entre 80.000 e 100.000 mozos, cunha idade media de 13,3 anos. Tamén lembran dende a Administración local de Ares que España ocupa o primeiro lugar da Unión Europea no que se refire a número de mulleres mozas fumadoras (nos últimos vinte anos multiplicouse por tres a porcentaxe de mulleres fumadoras); que unha persoa morre no mundo cada oito segundos por esta causa; e que no caso de España, actualmente se producen ao ano unhas 55.000 mortes atribuibles ao consumo do tabaco (16% de tódalas mortes entre adultos no país).
Para o Concello, este tipo de iniciativas de información e sensibilización teñen que se manter para poñer de manifesto os perigos para a sáude que ten para os fumadores o tabaco, pero tamén para aquelas persoas que están expostas ao aire contaminado polo fume do tabaco (“fumadores pasivos”), facendo un especial fincapé na importancia de rexirse por hábitos saúdables.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares