Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitación Electrónica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Ares luce dende o pasado xoves o alumeado de Nadal, que consta de cen puntos de luz
11 Decembro 2007 14:08
O municipio de Ares procedeu o pasado xoves ao encendido do alumeado de Nadal, que consta, segundo informou a concelleira delegada de Cultura e Festas, a socialista Ana Fernández Coira, de arredor de cen guirnaldas. Parte dos puntos –uns 50- foron alugados por parte do Concello a unha empresa privada, concretamente os instalados dende o cruce do bar O Gaiteiro, pola avenida Saavedra Meneses, ata a rotonda de entrada á vila de Ares. O resto, arredor de 45, corresponden aos elaborados hai tres anos polos membros da Asociación Cultural O Tilo, que este ano está a colaborar co Concello dunha forma especialmente activa na organización das festas. Estas guirnaldas, que cede para a ocasión a entidade, están colocadas polas rúas do centro do pobo e polas parroquias do municipio.
O alumeado, que funcionará ata pasado o día de Reis, está encendido entre as seis da tarde e as doce da noite, extendendo o horario ata as dúas da madrugada os sábados e domingos. O gasto, tanto no que se refire ao aluguer das guirnaldas como no relativo ao consumo de luz, correrá a cargo do Concello.
Pero non só as rúas e parroquias de Ares contan con decoración de Nadal, senón que a propia Casa Consitorial tamén luce un aspecto típico destas datas. A área que dirixe Ana Fernández vén de decorar o Concello cos ornamentos propios, tanto no exterior do inmoble, decorando as árbores da entrada e colocando unhas campás no balcón do edificio, como no interior do mesmo.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares