Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 12 de Decembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
NADAL EN ARES 2019/2020

XORNADAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello organiza campamentos urbáns e "Pequexogos" durante os meses de verán
12 xuño 2008 12:49
O Concello de Ares organiza, por segundo ano consecutivo, os Campamentos Urbáns Deportivos, dirixidos a nenos de entre 7 e 12 anos. Estas iniciativas desenvolveranse ao longo dos meses de xullo e agosto e as persoas interesadas en participar deberán formalizar a súa inscripción a partires do vindeiro luns, día 16, na Alianza Aresana (o horario de atención ao público é de 09.00 a 14.00 horas, de luns a sábados), chamando ao teléfono 981 448 057 ou a través da web do Concello (www.concellodeares.com).
En total, hai 100 prazas por mes, establecéndose dúas quendas que se corresponden cos meses de xullo e agosto. Para a primeira, o prazo será dende o luns ata o día 30 de xuño, comezando o campamento o 3 de xullo. En canto ao campamento de agosto, que se iniciará o día 4, as inscripcións poderán formalizarse entre o 21 e o 31 de xullo.
Os prezos por campamento son de 40 euros por mes para os rapaces empadroados en Ares e de 70 para os que non o estean. Ademais, estableceuse un desconto familiar para dous ou máis membros, pasando a ser o importe de 30 euros por mes para os empadroados e de 60 para os que non o están.
En total, haberá tres grupos por idades: o A, de 7 a 8 anos; o B, de 9 a 10 anos; e o C, de 11 a 12 anos. O horario será de 10.30 a 13.30 horas, e entre as actividades que se levarán a cabo atópanse tenis, baloncesto, patinaxe, xogos na praia, xogos populares, fútbol, idiomas (galego e inglés) e xogos acúaticos, entre outros. Nesta actividade colaboran o Club Náutico Ría de Ares, o Club Marítimo de Redes, o Club de Remo de Ares e a Asociación Recreativa Bimares.
Outra das iniciativas que se desenvolverán ao longo dos meses de xullo e agosto é o “Pequexogos”, para nenos de 4 a 6 anos. Neste caso, haberá dúas quendas de 25 prazas por mes. O primeiro campamento infantil comezará o 1 de xullo, mentres que o segundo será a partires do 1 de agosto. Os lugares de inscripción son os mesmos que os dos campamentos urbáns e os prezos son de 20 euros para empadroados e 40 para os que non o están, e de 15 ou 30 para as familias nas que participen dous nenos ou máis.
A iniciativa comezará ás 11.30 horas no pavillón deportivo ou na praia e, mentres que os campamentos urbáns serán de luns a venres, o Pequexogos terá lugar os luns, mércores e venres, tamén ata as 13.30 horas.
As actividades que se realizarán son xogos predeportivos, música, ritmo e baile, e obradoiros creativos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares