Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 17 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Goberno local e Educación abordan as necesidades do CPI Conde de Fenosa para o medio prazo
23 xuño 2008 14:56
A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, informou hoxe, no marco da primeira visita oficial que realizou ao Concello de Ares, que o seu departamento está avaliando as solucións ao constante incremento de nenos e nenas en idade escolar neste municipio. Segundo dixo, as posibilidades son dúas: a contrucción dun centro novo ou a utilización de dous centros, aproveitando, deste xeito, as instalacións que xa existen. Nesta liña, Sánchez Piñón afirmou que tanto a Delegación Provincial como os servizos técnicos da Subdirección Xeral están traballando para definir a solución máis axeitada ás necesidades de Ares.
A este respecto tamén se pronunciou o delegado provincial, José Manuel Mouriz Cabalo, que indicou que Educación conta cun marxe de dous ou tres anos para “estar no límite”, xa que, segundo dixo, a oferta para estes cursos está garantida. Así, dixo que o número de nacementos en 2007 foi de 49 neste municipio, o que fai pensar nun importante repunte do índice de natalidade no concello. A estes datos hai que engadir, como apuntou Mouriz, o feito de que o centro escolar de Ares, polas súas características, recibe alumnos ao longo do curso, polo que o compromiso da Consellería de Educación pasa por dar resposta ás necesidades do CPI no medio prazo.

CICLOS FORMATIVOS

Por outra banda, o alcalde de Ares, Julio Iglesias, plantexou á conselleira a posibilidade de que Ares poida ofertar algúns ciclos formativos de FP vinculados á actividade produtiva que ten este concello. Neste sentido, a titular deste departamento da Xunta asegurou que a solicitude do rexedor será “estudada” e “avaliada”, ao tempo que afirmou recibir a proposta con “moita gratitude porque ás veces ter un ciclo formativo require contar cunhas instalacións axeitadas”.
En concreto, Iglesias referiuse á oferta de ciclos similares aos que se están impartindo no Igafa (Instituto Galego de Formación Acuícola) da Illa de Arousa, neste caso dirixido aos estudantes do norte de Galicia, e que se centran en Mergullo de media profundidade (grado medio), Producción acuícola (grado superior) e Operacións de cultivo acuícola (grado medio).

INVESTIMENTOS DA CONSELLERÍA NO CPI CONDE DE FENOSA

Finalmente, Laura Sánchez Piñón deu conta dos investimentos feitos pola Consellería que dirixe no CPI Conde de Fenosa, e que, entre os anos 2005 e 2007, ascenden a 357.000 euros. Así, apuntou que en 2005 se levou a cabo a cuberta da pista polideportiva (250.000 euros), en 2006 se habilitou un aula para Infantil (32.000 euros), e en 2007 se executaron varios traballos menores e se actuou na cuberta (investimentos de 75.000 euros).
Esta visita, que foi cualificada tanto pola conselleira como polo alcalde como “ordinaria” e dirixida a coñecer as necesidades educativas e avaliar os proxectos de futuro nesta materia, rematou coa reunión que os responsables políticos mantiveron coa dirección do centro Conde de Fenosa.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares