Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 24 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O servizo de aluguer de bicicletas comezará a funcionar en Ares o vindeiro 1 de agosto
24 xullo 2008 11:26
O Concello de Ares porá en marcha o servizo de aluguer de bicicletas, “BicicleARES”, o vindeiro 1 de agosto. Segundo explicaron os responsables municipais, durante a primeira semana dito servizo funcionará de forma experimental e, deste xeito, será gratuito, mentres que a partires do día 9 xa se aplicarán as tarifas especificadas na ordenanza aprobada polo pleno da corporación e que regula os prezos e o uso deste sistema de aluguer de bicis incluido dentro das accións promovidas polo Plan de Dinamización Turística das Comarcas de Ferrol-Ortegal.
Para o día 1 está previsto un acto, ao que se invitarán aos responsables dos diferentes grupos políticos municipais e aos representantes das entidades do municipio, e que consistirá nun percorrido polo casco urbán de Ares nas novas bicis. Esta actividade, na que participará o equipo de goberno, comezará ás 11.00 horas.
Ademais, coincidindo co inicio do servizo o Concello porá a disposición dos usuarios unhas táboas cos horarios nos que éste estará operativo, xa que non tódalas entidades colaboradoras teñen os mesmos horarios de apertura.
En total, “BicicletARES” conta con 32 bicis de tódolos talles e cos seus respectivos complementos. O Concello instalou 23 aparcadoiros de bicicletas por todo o municipio (tanto na vila como nas diferentes parroquias e lugares), dos que seis funcionarán como estacións de aluguer.
En canto ao prezo, a ordenanza estipula que éste será de 2,5 euros por persoa nos alugueiros que se fagan ben en horario de mañá ou ben no de tarde, e de 4 euros por persoa para o alugueiro individual durante todo o día. No caso dos grupos, entendidos como tres persoas ou máis, a tarifa será de 1,5 euros por cabeza para o alugueiro de mañá ou de tarde, e de 3 euros para o de todo o día. As normas fixan un máximo dun día por alugueiro.
As persoas interesadas en alugar unha bici deberán abonar a taxa establecida e deixar na oficina o DNI orixinal, o carné de conducir ou o pasaporte. Ademais, é obriga dos usuarios –das persoas que contraten o servizo, non os que o utilicen, teñen que ser maiores de idade- cumprir o tempo pactado. As sillas de nenos non se cobrarán.
O servizo estará operativo entre os meses de abril e setembro, ambos incluidos (así o contempla a ordenanza). Os puntos de aluguer están situados no Club Náutico de Ares, Centro Cultural Outeiro de Chanteiro, CIRS de Cervás, caseta de turismo, Club de Tenis de Redes e centro cultural Alianza Aresana, que funcionará como estación central. Fóra dese período poderá concertarse o servizo, pero unicamente para grupos organizados e sempre dende a Alianza.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares