Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 23 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares comeza o vindeiro luns o servizo de transporte adaptado
01 Decembro 2007 14:26
O Concello de Ares, a través da Concellaría de Servizos Sociais, que dirixe a socialista Victoria Montenegro, porá en marcha o vindeiro luns, día 3, o servizo de transporte adaptado, que desenvolverá a Asociación Sociocultural de Minusválidos. Aínda que nun principio estaba previsto que dito servizo o prestaran de forma conxunta os Concellos de Ares e Mugardos, finalmente será o primeiro o que o poña en funcionamento en solitario.
O transporte adaptado é un programa dirixido a persoas con algún grao de dependencia que ten como obxectivo que este sector de poboación especialmente sensible e con problemas engadidos poida facer fronte ás súas necesidades. O servizo funcionará de luns a venres e realizará desprazamentos de tipo sanitario ou social así como traxectos para acudir a actividades lúdico recreativas, culturais, deportivas ou de mero desenvolvemento persoal.
No vehículo adaptado irá, ademais do conductor, un auxiliar de transporte que se ocupará do acompañamento en todo momento, sempre que o usuario o precise ou demande.
As persoas interesadas en empregar o novo servizo deberán solicitalo telefonicamente no número habilitado para o efecto (981 351 430, o da entidade que realiza o servizo) e, a poder ser, cun mínimo dun día hábil de antelación. O usuario, ademais, terá que indicar o lugar de servizo e a hora á que o precisa.
A concelleira de Servizos Sociais fixo un chamamento aos veciños de Ares con algún tipo de discapacidade para que recurran a este novo servizo, que pretende facilitar os desprazamentos para este colectivo da poboación.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares