Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 15 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares e o CIFP Rodolfo Ucha asinan un convenio para elaborar un estudo topográfico nas baterías do municipio
23 Setembro 2008 13:32
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, e o director do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, José Francisco Rego Maragato, acompañados polo profesor Alfonso Fuentes, asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre o Concello e dito centro escolar para a realización, por parte dos alumnos do módulo de Traballo de Campo e Gabinete, do Ciclo de Desenvolvemento de Proxectos Urbanísticos e Operacións Topográficas, dun estudo topográfico de varias das baterías militares enclavadas no municipio.
En virtude do acordo, o Concello de Ares, interesado en posuir dito material do seu territorio para coordinar actuacións futuras sobre as áreas motivo de estudo e completar a súa urbanización, comprométese a facilitar o acceso e a proporcionar a documentación que teña sobre as diferentes zonas de estudo, ademais de comunicar e xestionar ante os propietarios colindantes os permisos e autorizacións que cumpran para a recollida da información solicitada.
Pola súa banda, o CIFP Rodolfo Ucha porá os medios materiais e humanos para a toma de datos e concreción gráfica dos mesmos. Ademais, porá a disposición do Concello os traballos realizados como fase práctica do módulo.
As actuacións están coordinadas, por parte do Concello, polos dous aparelladores municipais, encargados de concretar as propostas formais a desenvolver, e, polo centro, por Alfonso Fuentes, profesor titular do módulo.
O convenio establece un prazo de catro meses para a realización dos traballos, aínda que éste poderá ampliarse, se fose necesario, por acordo das dúas partes. De feito, os once alumnos deste módulo fixeron, coordinados por Alfonso Fuentes, a maior parte do traballo de campo durante os meses de xullo e este de setembro; é dicir, durante as súas vacacións. Este aspecto foi subliñado polo director e polo profesor na sinatura do acordo, que valoraron o esforzo e adicación dos estudantes, que rematarán mañá a parte práctica porque comezan as clases.
Aínda así, Fuentes matizou que quedan algúns flecos do traballo de campo, como poden ser certas comprobacións, que se irán completando en varios sábados. O profesor engadíu que agora comeza o “traballo de oficina”, que se concretará coa elaboración dos planos, que se entregarán ao Concello de Ares.
Os dous docentes destacaron a colaboración prestada pola administración local aresá, que ademais dos acordos incluidos no convenio, levou a cabo a limpeza e desbroce da zona para permitir o acceso e estudo dos alumnos (nalgúns casos era prácticamente imposible o acceso á batería) e en breve asignará unha bolsa de axudas para os desprazamentos e outros gastos xerais dos alumnos participantes neste interesante proxecto.
Para o alcalde, o proxecto realizado por este grupo de alumnos supón unha ferramenta fundamental e de gran valía, non só para o actual grupo de goberno, que poderá facer uso en cuestión de meses de completos planos, e actualizados, das baterías de costa de Ares, senón que tamén quedará para as futuras corporacións municipais e, en definitiva, para o conxunto dos veciños deste concello.
O traballo, que se enmarca dentro dos numerosos proxectos promovidos polo Rodolfo Ucha –moitos deles no ámbito comarcal e outros fóra de Ferrolterra, como o elaborado no castelo de Monterrei-, levouse a cabo nas baterías de O Segaño, Salgueira, Pena Bailadora, Fonteseca, as Antiaéreas 1 e 2 (AA1 e AA2), Faro e Sudova.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares