Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O pleno da corporación aproba unha modificación de crédito que permitirá a execución de importantes obras para Ares
25 Setembro 2008 16:04
O pleno da corporación aprobou esta mañá, no marco da sesión ordinaria correspondente ao mes de setembro, un expediente de modificación de crédito de 733.557,6 euros para poder fronte a necesidades urxentes, actuacións cuxa contía superou as previsións iniciais contempladas nos orzamentos de 2008 e para diversas intervencións e iniciativas subvencionadas por outras administracións e que precisan, para a súa materialización, da aportación municipal. Entre éstas, destacan, pola importancia e polo beneficio que terán para o conxunto dos veciños de Ares, a adquisición da Escola de Nenas, o alumeado do campo de fútbol de Prados Vellos, a compra dun vehículo todoterreo para a Policía Local, a pavimentación de varias rúas do casco urbán de Redes, o soterramento de contenedores, as obras da piscina que compartirán os municipios de Ares e Mugardos, a mellora e adecuación do parque infantil de As Mirandas, a adquisición dun camión con grúa e volquete, a ampliación da obra de colocación dun ascensor no edificio do antigo consistorio, a ampliación do saneamento en O Porto, rúa Consistorio, San Andrés e Estacas, a realización de actividades deportivas e culturais –neste último apartado atópase a tradicional cea-homenaxe ás persoas maiores de Ares- ou o alumeado das rúas Real e María de Ares, entre outras.
A proposta da Alcaldía foi respaldada polo grupo de goberno (PSOE) e polo PP e, pola contra, foi rexeitada por NAL e polo BNG.
Tamén se deu o visto bo á conta xeral do exercicio de 2007, neste caso cos votos favorables do PSOE, o rexeitamento de BNG e NAL e a abstención do PP.
O resto dos puntos da orde de día foron aprobados por unanimidade, como a adhesión como socio do Concello de Ares ao Grupo de Acción Costeira-Golfo Ártabro.

PLAN DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS

Por unanimidade dos grupos da corporación foi respaldada, así mesmo, a proposta da Alcaldía relativa á execución do proxecto de construcción do ciclo hidráulico nas rúas Celso Emilio Ferreiro, avenida da Paz e rúa Doutor Ramón Pimentel. Esta actuación, tramitada perante a Deputación polo grupo de goberno, enmárcase dentro do Plan de Cooperación cos Concellos (PCC) 2008-2011 da institución provincial e conta cun orzamento de 340.747,73 euros, dos que 309.770,65 serán aportados pola Deputación e os 30.977,08 restantes polo Concello de Ares. O prazo de execución previsto dos traballos é de catro meses.
Esta actuación forma parte das iniciativas promovidas polos actuais responsables municipais –algunhas en marcha e outras xa executadas- encamiñadas a dotar dos servizos necesarios ás diferentes rúas do municipio.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares