Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 15 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Comeza o prazo de presentación de solicitudes para a participación nas Escolas Deportivas Municipais
28 Setembro 2008 10:24
O Concello de Ares, a través da área de Deportes, abrirá mañá o prazo de presentación de solicitudes para a participación nas Escolas Municipais Deportivas correspondentes ao presente curso. As persoas interesadas en tomar parte nalgunha das actividades ofertadas poderán presentar a súa solicitude ata o día 15 de outubro na Alianza Aresana. No caso do pago das matrículas e da mensualidade de outubro, o prazo estará aberto entre os días 1 e 31 do vindeiro mes.
Os interesados, ademais do formulario cuberto e unha foto, deberán presentar, só nos casos nos que sexa a primeira vez que se inscriben nas escolas, a fotocopia do DNI ou do libro de familia. O desconto a aplicar será do 50%, tanto na matrícula –establecida en 8 euros para os empadroados en Ares e de 15 para os que non o estean- como nas mensualidades da escola de menor importe, cando haxa tres ou máis inscripcións por unidade familiar, tamén do 50% para familias numerosas con tres ou máis inscripcións, e do 100% para familias carentes de recursos económicos (previa comprobación).
En total, son 21 as actividades que se ofrecerán, algunhas delas, como ximnasia de mantemento, en horario de mañá e tarde e en diferentes lugares do municipio. Ioga, aeróbic infantil, tenis de mesa, tenis infantil, ou ximnasio cardiofitness son algunhas das escolas que se porán en marcha a partires do vindeiro mes.
Para o desenvolvemento dalgunhas das actividades, o Concello contará coa colaboración, mediante un convenio, de entidades e clubes deste e outros municipios da zona.
Por utra banda, a Concellaría de Deportes tamén informa da apertura, o día 1 de outubro, do ximnasio municipal, ubicado no pavillón deportivo. Estas instalacións terán horario de mañá, de 09.30 a 13.30 horas, e de 16.00 a 22.30, pola tarde. Neste sentido, hai que subliñar a posta en marcha de dous programas de fomento da actividade física como son “O complementario” e “1x1= Deporte para dous”, que permitirán o acceso ao ximnasio nunhas condicións moi ventaxosas tanto aos pais e nais dos alumnos das escolas deportivas así como aos adultos que participen nalgunha das escolas programadas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares