Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 13 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde de Ares destaca a "magnífica dinámica de colaboración" existente coa Deputación Provincial
29 Setembro 2008 14:33
O porto deportivo de Ares acolleu esta mañá o acto de entrega ao Concello por parte da Deputación dunha embarcación tipo “Omega” para o fomento da vela entre os nenos. O alcalde, Julio Iglesias, recibíu do presidente da institución provincial, Salvador Fernández Moreda, o barco, valorado en 9.000 euros e quinto dos entregados este ano pola Deputación (o ano pasado foron outros cinco). Ademais destes dous responsables políticos, acudiron ao acto o deputado responsable de Deportes, José García Liñares; o vicepresidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde; o presidente do Club Náutico de Ares, Fernando Montoto, e os concelleiros do grupo de goberno local.
O rexedor socialista, nunha comparecencia ante os medios, destacou que a entrega do barco é un exemplo máis da “magnífica dinámica de colaboración” existente entre as dúas administracións e que se pode facer extensiva a outros moitos ámbitos. Nesta liña, lembrou que esta non é a primeira vez que a Deputación colabora nesta área, xa que, como dixo, hai dous anos entregou unha lancha encargada de realizar tarefas de apoio a regatas.
Pola súa banda, o presidente da institución provincial explicou que estas embarcacións son entregadas cada ano aos concellos nos que se celebran os cursos de vela promovidos pola Deputación. Así, nesta ocasión recibiron barcos deste tipo, ademais de Ares, os municipios de Ortigueira, Corcubión, Cerceda e Ribeira, cun desembolso total de 45.000 euros. Fernández Moreda informou de que nesta campaña participaron en ditas escolas máis de 200 nenos e, a este respecto, subliñou que ensinar a navegar aos pequenos pode levar a ser unha forma de vida no futuro.
Ademais, indicou que para España, con máis de 1.000 kilómetros de costa, os deportes náuticos non só constitúen un aspecto de lecer, senón que tamén son “unha necesidade”.
Para o vicepresidente da Federación Galega de Vela, o esforzo realizado nesta materia pola Deputación é digna de destacar, xa que, como asegurou, a coruñesa é a institución provincial de Galicia que máis inviste en vela. Manuel Villaverde tamén agradeceu o traballo desenvolvido polo Club Náutico de Ares –“lo que hay hoy es fuera de serie”, manifestou”- e valorou o apoio prestado polo Concello a dita entidade. Así mesmo, fixo fincapé na necesidade de seguir potenciando ao máximo o deporte de base. “Eso es lo que nos tiene que importar”, dixo o vicepresidente da Federación Galega de Vela.
Fernando Montoto, presidente do Club Náutico Ría de Ares, ademais de agradecer á Deputación a súa colaboración, manifestou que esta entidade loita de forma incondicional para que a vela infantil sexa unha asignatura nos colexios da zona. Montoto afirmou que este club está chamado a ser un dos principais de Galicia e, neste sentido, anunciou que aos 400 puntos de atraque xa existentes, sumaranse en breve outros 400. Este feito, para o presidente do Náutico, non só será importante a nivel da vela do municipio en xeral, senón fundamentalmente para as escolas de base, polas que este ano pasaron máis de 500 alumnos entre os 5 e os 14 anos.
Finalmente, Fernando Montoto anunciou que o porto deportivo será a base do Proxecto Gavea (Galicia Vela Adaptada) da Confederación Galega de Persoas con Dispacidade (Cogami), que se leva a cabo no veleiro “Laion”. Como se lembrará, este barco, de 13 metros de eslora, foi incautado ao narcotráfico polo xuíz Garzón e posteriormente cedido en garda e custodia a Cogami.
A este respecto, hai que subliñar as xestións realizadas polo alcalde, Julio Iglesias, para acadar que o “Laion” tivese a base no porto deportivo de Ares e, deste xeito, poder potenciar desde este municipio, e de forma conxunta co Concello de Mugardos (trátase dunha iniciativa que compartirán as dúas administracións locais) a vela adaptada en toda a comarca.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares