Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 15 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A delegada provincial de Traballo anuncia a inminente concesión de cinco postos de traballo dentro do Plan Integral
30 Setembro 2008 14:30
A delegada provincial de Traballo, María Debén, anunciou esta mañá, no marco dunha visita institucional ao Concello de Ares, que o departamento que dirixe prevé a inminente concesión da contratación de cinco persoas para a posta en marcha de dous programas incluídos no Plan Integral correspondente ao presente ano 2008. O Concello recibirá a notificación oficial pertinente a vindeira semana.
Como explicou Debén, que mantivo un encontro co alcalde, Julio Iglesias, e o grupo de goberno, a Delegación Provincial destinará unha partida de 57.344,04 euros para ditas contratacións, tres para a execución do programa de mellora do medio ambiente (Rede Natura) e dúas para actuacións de mellora do medio rural. Neste último caso, a contratación realizarase entre maiores de 45 anos e/ou mulleres.
O período dos contratos concedidos por Traballo será de seis meses e, como subliñou a delegada provincial do departamento que preside Ricardo Varela, o Plan Integral está deseñado por esta consellería en colaboración coa de Medio Ambiente, que cada ano destina unha partida para financiar os materiais empregados nas obras executadas en virtude de dito plan.
A delegada provincial de Traballo fixo fincapé en que, se ben esta consellería é a “responsable máxima” na loita contra o desemprego e na posta en marcha de políticas activas de emprego, os actuais responsables de dito departamento da Xunta consideran aos concellos non só como interlocutores válidos, senón tamén necesarios para acadar os obxectivos mencionados. E nesta dinámica de dar un pulo á colaboración entre administracións promovida polo conselleiro Ricardo Varela, cabe reseñar a colaboración entre a Delegación Provincial de Traballo e o Concello de Ares, concretada no que vai de 2008 na aprobación de varios plans de cooperación (creación dun banco de tempo municipal, atención ás praias, apoio ao turismo e educación, apoio aos servizos sociais e programa de limpeza e mantemento de espazos públicos) cun total de 19 persoas contratadas e un desembolso de 167.084,04 euros.
En materia de formación, e tamén este ano, Traballo aportou 51.421,29 euros para a posta en marcha dos Cursos FIP de axuda a domicilio, actualmente en fase de desenvolvemento.
Finalmente, María Debén informou ao rexedor de que o proxecto remitido do Obradoiro de Emprego xa pasou a tramitación administrativa e na actualidade está pendente da celebración da Comisión de Valoración, presidida polo Director Xeral de Emprego e integrada tamén polos catro delegados provinciais. Debén indicou que será aí donde se valoren as diferentes propostas, atendendo exclusivamente a criterios técnicos e obxectivos, e transmitíu a Iglesias que o Concello será informado da resolución en canto estea resolta.
Pola súa banda, Julio Iglesias agradeceu á delegada provincial de Traballo o esforzo realizado co Concello de Ares para reducir o número de desempregados no municipio, ao tempo que destacou que, grazas á contratación destes traballadores a administración tamén poderá acometer diferentes actuacións e por en marcha programas, algúns deles de formación, de importancia para Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares