Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello, a través de Cultura e Deportes, organiza diversas actividades no Nadal
01 Decembro 2008 14:06
O Concello de Ares, a través das áreas de Cultura e Deportes, vén de rematar o programa de actividades que se desenvolverán co gallo da celebración das festas de Nadal.
No que se refire a Cultura, a primeira das iniciativas terá lugar o día 22. “Decoramos a nosa biblioteca!!!” é o nome da actividade, dirixida a todos os nenos e nenas que queiran facer da biblioteca un lugar máis persoal e acorde coa época do ano. Os pais e nais dos pequenos tamén están convidados a participar neste obradoiro, que comezará ás 17.00 e rematará ás 20.00 horas.
Outro obradoiro, neste caso de postais de Nadal e relato de historias fascinantes que se atopan no maravilloso mundo dos libros, será o protagonista na xornada do 23 –tamén entre as 17.00 e as 20.00 horas-. Esta actividade diríxese a nenos de 5 a 12 anos, que poderán acudir cos seus pais á Alianza Aresana.
Xa o mércores 24, o Concello levará a cabo a “Cabalgata de Papa Noel”, que sairá da praza do Pedregal, en Redes, ás 16.00 horas. A cabalgata percorrerá Pedrós, Chanteiro, Cervás e o parque Rosalía de Castro, desde donde se dirixirá á Porta do Sol, rúa dos Anxos, Real, praza da Igrexa e avenida Saavedra Meneses, para rematar na Casa Consistorial. No propio Concello, Papa Noel recibirá aos nenos e nenas.
A Alianza Aresana será escenario o día 29, entre as 17.00 e as 19.00 horas, dun Karaoke para pequenos de 3 a 10 anos, mentres que un día máis tarde, no mesmo lugar e horario, o karaoke irá dirixido a rapaces de 11 anos en adiante.
A Cabalgata de Reis centrará, sen dúbida algunha, a xornada do 5 de xaneiro. Este ano, a Cabalgata partirá da praza do Pedregal ás 16.00 horas e, ao igual que a de Papa Noel, percorrerá Pedrós, Chanteiro, Cervás e o parque Rosalía de Castro, así como as principais rúas da vila, para rematar ás 19.30 horas no pavillón municipal. Neste lugar, no que haberá festa dende as 18.00 horas, recollerán as cartas que os nenos lles teñan preparadas. Os Reis acudirán ás distintas misas que se oficiarán no municipio o día 6 de xaneiro.
Ademais, nas mañás dos días 22, 23, 29 e 30 de decembro terán lugar na Alianza Xogos en rede. Segundo informaron dende a área que dirixe Ana Fernández, levarase a cabo un campionato cun xogo de estrategia para rapaces de 10 a 15 anos, e un Scooter para mozos de 16 anos en adiante. Os interesados deberán formalizar a súa inscripción a partires de hoxe mesmo ata o día 15 na Alianza.
En canto ás actividades deportivas, o programa comezará o día 22, cos torneos de minitenis e fútbol sala biberóns. O primeira será nas mañás dos días 22 e 23 no pavillón e os interesados –de 6 a 12 anos- poderán formalizar a súa inscripción na Alianza Aresana entre os 12 e o 18 de Nadal. O segundo será de fútbol sala para a categoría de biberóns e se desenvolverá no pavillón deportivo entre as 17.30 e o 19.30 horas.
O centro cultural Outeiro e a Agrupación Instructiva de Caamouco acollerán o día 29 Xogos populares para todo o mundo. Trátase dunha actividade lúdica na que poderá participar calquera persoa sen límite de idade que quiera xogar a todos aqueles xogos de sempre que se desenvolven na rúa ou en espazos pequenos a cuberto. As inscripcións tamén se poderán formalizar entre o 12 e o 23 de Nadal na Alianza.
Un ano máis, e de forma conxunta co Concello de Mugardos, o domingo 28 terá lugar a “IV Edición da carreira de fin de ano”. A saída e chegada efectuaranse dende o pavillón municipal de Ares, mentres que o percorrido inclúe o municipio mugardés. Á chegada ao pavillón, haberá un sorteo de varias cestas de Nadal e de vales por material deportivo, ademais dun brindis polo fin de ano. O prazo de inscripción, como sempre na Alianza, estará berto entre os días 12 e 26 de decembro.
Finalmente, o luns 29 e o martes 30, en horario de mañá –de 11.00 a 13.00- levaranse a cabo Xogos sobre patíns na pista exterior do CPI Conde de Fenosa. A inscripción será igual que no caso da carreira de fin de ano.

BUZÓNS REAIS NA ALIANZA E NO CONSISTORIO

Precisamente hoxe comezaron a instalarse no Consistorio e na Alianza os buzóns reais para os nenos e nenas de Ares que o desexen depositen as cartas que lles escriban aos Reis. Con dita carta, cada participante deberá aportar un selo cun valor de 1 euro con 18 céntimos para a resposta, con agasallo incluido, das Súas Maxestades. O prazo para depositar a carta nos buzóns reais rematará o 23 de decembro.
Con esta iniciativa a Concellaría de Cultura pretende potenciar a lectura dos pequenos do municipio e manter a maxia e o encanto da chegada das Súas Maxestades de Oriente.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares