Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 15 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde acude á inauguración da exposición itinerante "Golfiños na proa", patrocinada pola Deputación
02 Decembro 2008 09:50
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, acudirá mañá mércores á inauguración da exposición itinerante “Golfiños na proa”, unha mostra que ten como eixo conceptual do proxecto ao veleiro “Nieves” –barco que porta dita mostra- e que ten como obxectivo dar a coñecer a riqueza do patrimonio marítimo galego e os cetáceos de Galicia. O acto terá lugar ás 12.00 horas no barco, que permanecerá atracado no peirao aresán entre mañá e o vindeiro domingo, día 7 de decembro.
A entrada á exposición, organizada por Acquavisión Galicia e patrocinada pola Deputación Provincial, é gratuita, podéndose realizar visitas guiadas para escolares, grupos e colectivos, previa reserva nos números 986 731 246 ou 689 160 318, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas. A visita ten unha duración aproximada de 60 minutos e estará guiada en todo momento por un biólogo intérprete ambiental ou polo patrón do “Nieves” e a súa tripulación.
A través desta iniciativa, os visitantes descubrirán a historia da vida dunha grande embarcación con 90 anos de historia ás súas costas e que serve como exemplo de vida de calquera embarcación tradicional galega. Este proxecto pretende achegar ás persoas que na provincia de A Coruña viven a carón do mar a importancia e a evolución do patrimonio marítimo galego, así como dar a coñecer as especies de mamíferos mariños que se atopan na costa galega, o seu xeito de vida e a súa distribución, promovendo un sentimento de respecto e conservación polo noso mar.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares