Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 13 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Abre ao público a exposición itinerante "Golfiños na proa", que permanecerá no peirao de Ares ata o día 7
03 Decembro 2008 14:20
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, acudíu esta mañá ao peirao de Ares para participar na inauguración da exposición itinerante “Golfiños na proa”, unha mostra que, a bordo do veleiro “Nieves”, xa percorreu outros sete portos da provincia –O Barqueiro, Cariño, Cedeira, Ferrol, Mugardos e Fene- e que ten como principal obxectivo dar a coñecer a riqueza do patrimonio marítimo e os cetáceos de Galicia.
A exposición, patrocinada pola Deputación Provincial e promovida pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, estará aberta ao público ata o vindeiro domingo, día 7 de decembro, data na que o “Nieves” deixará o peirao de Ares. A entrada ao barco e á mostra é gratuita e, ademais das visitas particulares, pódense realizar visitas guiadas para escolares, grupos e diferentes colectivos. De feito, está previsto que ao longo destes días alumnos de diferentes centros da zona acudan ao veleiro.
O horario é de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00, tendo a visita, guiada en todo momento por un biólogo intérprete ambiental –na parte expositiva- e polo patrón do barco –nunha segunda parte, encamiñada á que os asistentes coñezan o barco, as súas pezas e o seu funcionamento-, unha duración aproximada de 60 minutos. Os interesados en facer unha reserva deberán chamar aos números 986 731 246 ou 689 160 318.
Durante o acto inaugural, o rexedor socialista foi informado sobre as diferentes pezas que compoñen a mostra –parte delas cedidas para a ocasión polo Museo da Natureza da Sociedade Galega de Historia Natural- e sobre o propio barco, a través tanto do percorrido polo mesmo como do vídeo que explica a historia deste pailebote.

UNHA LONGA HISTORIA

O barco “Nieves”, o único pailebote destas dimensións que queda na actualidade en Galicia, ten unha longa historia que se remonta ao ano 1918. É entón cando o construiron en Noia e, entre este ano e 1941, o “Nieves” foi utilizado como cargueiro, facendo rutas entre Galicia e Asturias –levaba madeira e traía carbón- e entre Galicia e Torrevieja, donde recollía sal. No ano 41 é vendido a unha casa viguesa e, cinco anos máis tarde, o adquire a Casa Masiques, unha empresa catalana de salazón que lle cambia o nome –pasa a chamarse “José Miguel Masiques”- e o emprega para facer a ruta do sal entre Torrevieja e as Illas Baleares.
O que foi o último alcalde de Madrid da dictadura, Juan de Arespacochaga, merca o veleiro en 1974 e o utiliza como iate particular e para fins comerciais ata 1986, ano no que o vendeu a un mozo inglés que residía en Tenerife. Dende entón e ata 2005, o “Nostramo” –nome que lle puxo Arespacochaga e que agora vai mudar pola denominación orixinal de “Nieves”- funcionou para os turistas, realizando rutas pola illa canaria e ofrecendo servizos de bar e discoteca.
Alfredo Fernández, responsable da empresa Acquavisióngalicia S.L., mercou o barco en 2005 e, despois de facerlle unha serie de reparacións, o trouxo de novo a Galicia, concretamente ao peirao de O Grove, donde está a ser recuperado.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares