Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 13 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares disporá ao longo de 2009 dun telecentro de comunicación
05 Decembro 2008 09:38
O Concello de Ares é un dos seis municipios de Galicia que se beneficiarán do programa de creación de telecentros de comunicación que a Dirección Xeral de Comunicación –dependente da Secretaría Xeral de Comunicación- está a desenvolver. O obxectivo de dito programa, que conta co financiamento no 80% do total de fondos europeos FEDER, é o de por a disposición do conxunto da cidadanía unha serie de servizos onde se facilita o traballo coas novas canles e soportes audiovisuais e o acceso público a Internet, favorecendo a aprendizaxe dixital dos grupos máis afastados do desenvolvemento e implantación das novas tecnoloxías, e incidindo ademais na mellora da formación dos profesionais do sector audiovisual e multimedia.
No caso de Ares, trátase dun telecentro tipo B, o que se traduce nun espazo duns 75 metros cadrados integrado por unha aula duns 60 metros cadrados acondicionado acusticamente e de estética homoxénea con material informático (ordenadores, impresoras, etc.), equipo de videoconferencia, material audiovisual, pantallas de proxección e de plasma, sistemas de control, etc., que permiten realizar diferentes escenarios dependendo das necesidades técnicas do evento que se quiera desenvolver; unha sala de telecomunicacións duns 8 metros cadrados para albergar aparellos electrónicos; e un almacén duns 7 metros cadrados.
O orzamento de licitación, IVE incluido, é de 96.000 euros e o prazo de execución, unha vez que se asine o contrato, é de cinco meses –tanto para a subministración como para a súa instalación-. O anuncio de contratación xa foi publicado no Diario Oficial da Unión Europea e, segundo consta na web da Xunta, o prazo de presentación de ofertas remata o 14 de xaneiro ás 14.00 horas. Atendendo a estes prazos, o telecentro de Ares estará funcionando en 2009. Este novo equipamento que recibirá Ares foi negociado polo alcalde, Julio Iglesias, nunha recente reunión con responsables deste departamento da Xunta.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares