Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 15 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A web oficial do Concello de Ares recibe no último ano un total de 243.529 visitas
09 Decembro 2008 09:44
Os datos son concluíntes. A web oficial do Concello –www.concellodeares.com- é una das canles de comunicación máis importantes da administración local á hora de trasmitir aos seus veciños e cidadáns en xeral as diferentes informacións e datos de interés que emanan de dita institución pública. Así, no último ano a web institucional recibíu 243.529 visitas.
E a renovación da web foi fundamental neste auxe, xa que as estatísticas confirman que o número de visitas oscilaba entre as 100 e as 175 ata o día 7 de febreiro de 2008, mentres que a partires da data da presentación da web, o total incrementouse notablemente. De feito, o día 7 foron 268 as persoas que accederon a concellodeares.com e tan só un día máis tarde, cando a información saíu na prensa, o número ascendeu ata as 442 visitas.
Os meses nos que se rexistraron máis visitas foron os de maio, con 39.517, seguido de xuño, con 39.494 e xullo, con 36.934. En canto aos días, o 1 de xullo está á cabeza en canto a accesos á web, cun total de 2.862 visitas. Precisamente os derradeiros días de xuño e os primeiros de xullo foron os que tiveron máis visitas, oscilando os datos entre o 21 de xuño, con 2.037 e o 1 de xullo, con 2.862. Tamén é significativo o mes de maio, no que, a excepción das tres derradeiras xornadas –entre 508 e 846-, o número de accesos diarios non baixou do milleiro.
Entre as seccións que a web ofrece aos internautas, hai que destacar unha polo seu contido e pola resposta cidadá: “O alcalde responde”. Dende que o pasado 7 de febreiro a web comezou a funcionar e ata o 1 de decembro, foron 252 as persoas que recurriron a este espazo aberto para plantexar ao rexedor, o socialista Julio Iglesias, as súas suxerencias, dúbidas e queixas. Ata o momento, máis do 98% das preguntas e cuestións xa foron respostadas polo propio alcalde, que considera esta sección como unha importante ferramenta de comunicación e debate entre o que é o máximo responsable da administración aresá, que ás veces, por cuestións de axenda, ten limitadas as audiencias cos seus veciños, e os propios cidadás.
Iglesias, ademais, destacou o ton cordial e dialogante da maior parte das persoas que formulan as súas preguntas nesta sección, ao tempo que pedíu comprensión para aqueles casos nos que as cuestións plantexadas non sexan respostadas de xeito inmediato, xa que a míudo as preguntas requiren determinadas xestións ou se corresponden con outras áreas alleas á Alcaldía e incluso con outras institucións ou administracións.




NOTAS DE PRENSA E INFORMACIÓNS DE ACTUALIDADE

Tamén merece un capítulo aparte a sección “Noticias”, apartado que recolle, por unha banda, todas as notas de prensa que se elaboran dende o Gabinete de Prensa do Concello, como, por outra, as novas que publican sobre Ares os principais xornais da comarca. Sobre este último apartado hai que destacar que a web do Concello non fai selección nin discriminación algunha á hora de colgar na web as informacións publicadas, polo que os cidadáns poden acceder a todo tipo de novas, procedan de donde procedan (partidos políticos, asociacións, clubes deportivos, etc.).
Ata o momento, e con data 1 de decembro, eran 457 as notas de prensa colgadas na web, o que se traduce en máis dunha nova procedente do Gabinete de Prensa do Concello por día, e 442 as que figuran no apartado “Actualidade”. Para o goberno local, estas seccións tamén teñen unha importancia especial, xa que constitúen unha canle de información para todos aqueles veciños, sobre todo os que residen fóra de Ares, que non teñen outro xeito de acceder ás noticias que se producen neste municipio.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares