Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello obterá máis de 50.000 euros do Plan Complementario ao Fondo Estatal
30 Decembro 2008 09:16
Concello de Ares recibirá da Deputación da Coruña 50.242,39 euros correspondentes ao Plan Complementario ao Fondo Estatal de Investimento Local de 2009, que no caso de Ares ascende a 990.780 euros. Na comisión informativa de Plans Especiais, Medio Ambiente, Contratación e Equipamento da administración provincial, celebrada o pasado 15 de decembro, ditaminouse este acordo, que comprende a aprobación das bases reguladoras de dito plan -estas achegas estarán condicionadas á entrada en vigor do orzamento provincial relativo a 2009- e a apertura dun período de exposición pública durante dez días unha vez que saia publicado no BOP.

Segundo informan dende o Consistorio aresán, a finalidade dese Plan Complementario non é outra que a de cooperar cos 91 concellos da provincia cunha poboación inferior aos 50.000 habitantes no financiamento dos honorarios de redacción dos proxectos, dirección das obras e coordinación de seguridade e saúde das obras que cada municipio execute con cargo ao Fondo Estatal de Investimento. Así, o importe máximo de achega da institución provincial concrétase no 7% calculado sobre o presuposto de execución material da cantidade que cada concello ten asignada dentro do devandito fondo, que no caso de Ares é de 717.748,48 euros.

Agora o Concello de Ares poderá presentar as súas solicitudes entre o un de xaneiro e o 30 de xuño no rexistro xeral da Deputación.


PCC > Por outra banda, na comisión informativa do 16 de decembro de Cooperación e Asistencia aos Concellos ditaminouse favorablemente o acordo de aprobación da anualidade de 2008 do Plan de Cooperación cos Concellos (PCC) 2008-2011. Deste plan tamén se beneficia o Concello de Ares, que recibirá unha achega económica de 309.770,65 euros para sufragar a obra de abastecementos, saneamento e pavimentación das rúas Celso Emilio Ferreiro, avenida da Paz e rúa Doutor Ramón Pimentel. Trátase dunha actuación, segundo informan dende a administración local aresá, que foi aprobada polo pleno da corporación municipal celebrado o pasado mes de setembro. Deste xeito, en total, o orzamento ascende a 344.189,63 euros, dos que 34.418,98 serán aportados pola administración local.

NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
30-12-2008
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares