Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Rotundo éxito na IV Edición da carreira popular de fin de ano organizada polos Concellos de Ares e Mugardos
30 Decembro 2008 12:15
Rotundo éxito. Con estas palabras pódese cualificar a carreira que organizan por estas datas cada ano, dende hai xa catro, os Concellos de Mugardos e Ares e que tivo lugar o pasado domingo. Dos 385 inscritos para esta proba deportiva, tomaron a saída arredor de 300, entre os que había numerosas mulleres –dende a organización destacouse este feito, que fai pensar en promover algún tipo de iniciativa especial para incentivar a presenza feminina na vindeira edición- e corredores de todas as idades –os máis novos, de 14 anos e o máis veterano, como vén sendo habitual, Julián Bernal, de 87 anos, aínda que a media da maior parte dos participantes rondou entre os 30 e os 50-.
Dende a organización tamén subliñaron a importante infraestructura organizativa de que dispoñeron nesta ocasión. Nesta liña, hai que apuntar que foron dez os monitores que se encargaron do proceso de inscripcións e do reparto de agasallos, ademais de destacar a presenza de numerosos efectivos de Protección Civil e Policía Local dos dous concellos que garantiron que non se producira incidente e fallo algún no desenvolvemento da carreira. De feito, o Concello de Ares está a recibir estes días numerosos parabéns de participantes na proba pola excelente organización da proba eminentemente popular.
En total, os corredores percorreron un traxecto de 9,4 kilómetros, que comezou e rematou no pavillón municipal de Ares e tivo en Mugardos o avituallamento. Precisamente no polideportivo celebrouse a entrega de agasallos –unha camiseta técnica cedida por Sport Zone, que se encargou do patrocinio deportivo da proba e que fixo un traballo moi destacado- e o sorteo de oito cestas de Nadal valoradas en máis de 100 euros e de numerosos vales para cambiar por material deportivo. Estes agasallos foron aportados por empresas dos dous municipios que cada ano colaboran con esta proba.
Con independencia do carácter popular da carreira e de que, polo tanto, os primeiros clasificados non tiveron ningún recoñecemento especial, hai que subliñar que o vencedor da mesma foi Carlos Piñeiro Rivas –de Atletismo Narón-, cunha marca de 33.10, seguido de Ángel Maceiras Lago –do Club Atletismo Sar-, con 33.38, e de Alexandre Blanco Varela –tamén do Atletismo Narón-, que fixo a carreira nun tempo de 33.52. En canto ás mulleres, as primeiras clasificadas, nos postos 40 e 41, foron, respectivamente, Rocío Rodríguez Longa, cunha marca de 39.08, e Paula Mayobre González, a tan só unha décima desta. As dúas corren para o clube Pto. Alicante Ohl.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares