Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Os Reis Magos xa respostaron as cartas que escribiron e depositaron nos buzóns reais 156 nenos e nenas do municipio
03 Xaneiro 2009 12:43
Un total de 156 nenos e nenas do municipio de Ares (unha cifra moi similar á do pasado ano) participaron na iniciativa promovida pola Concellaría de Cultura consistente en escribir unha carta aos Reis Magos e depositala nun dos dous buzóns reais instalados tanto no propio Consistorio como na Alianza Aresana. Unha vez que o pasado 23 de decembro rematou o prazo de entrega de misivas, as Súas Maxestades de Oriente procederon a respostalas, adxuntando coa carta para cada rapaz un conto adaptado á idade do neno en cuestión –había un título para nenos de ata cinco anos e outro para rapaces de ata dez, aínda que se reservaron outros contos para entregar aos poucos nenos de máis de dez anos que tamén escribiron a súa carta aos Reis Magos-.
Aqueles que non participaron nesta iniciativa do Concello e os que queiran facerlles chegar a Melchor, Gaspar e Baltasar os seus desexos de última hora poderán facelo o día 5, xa que o goberno local organizou non só a cabalgata, que sairá ás 16.00 da Praza do Pedregal de Redes e percorrerá todas as parroquias e a vila, senón tamén unha festa que se desenvolverá a partires das 18.00 horas no pavillón municipal. Nesta festa, que contará con diferentes atraccións para os pequenos, participarán os Reis Magos unha vez que remate á cabalgata –sobre as 19.30- e falarán con todos os nenos que o desexen nun palco instalado para eles. Finalmente, as Súas Maxestades de Oriente, como xa é habitual, tomarán parte das diferentes misas que se celebran no municipio de Ares o día 6.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares