Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 12 de Decembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
NADAL EN ARES 2019/2020

XORNADAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello remite ao Goberno dez proxectos para financiar cos máis de 990.000 euros que recibirá do Fondo Estatal de Investimento Local
21 Xaneiro 2009 14:32
O Concello de Ares vén de remitir ao Ministerio de Administraciones Públicas os proxectos que se executarán con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local e que, no caso deste municipio, ascende a 990.780 euros. En concreto, a administración local executará grazas a esta partida un total de dez proxectos que abarcan a todo o municipio. Precisamente esta mañá, o alcalde, Julio Iglesias, deu conta dos proxectos aos grupos da corporación no marco da comisión informativa de Obras.
Unha destas iniciativas pasan por rehabilitar a Casa do Patín para albergar a Casa da Xuventude, un proxecto que vén completar un traballo iniciado polo actual grupo de goberno, que conseguíu integrar no patrimonio municipal este histórico inmoble grazas ás achegas económicas da Deputación Provincial e da Consellería de Presidencia.
Outra das actuacións remitidas ao Goberno central consiste en adecuar un inmoble adquirido recentemente polo Concello e situado na rúa Real para poder trasladar os Servizos Sociais municipais, actualmente no Consistorio.
Ademais, grazas a este Fondo de Investimento Estatal o goberno local poderá levar a cabo un proxecto que porá solución á importante limitación de infraestructuras deportivas existente no municipio: o de crear unha cidade deportiva na zona de Pedrós, unha actuación incluida no programa có que os socialistas, ademais, concurriron ás pasadas eleccións municipais. Trátase, en concreto, da execución dunha primeira fase.
O Concello tamén remitíu ao Ministerio de Administraciones Públicas un proxecto relativo á substitución de farolas deterioradas no núcleo de Ares; o saneamento en Os Paxaros (Redes) –actuación que vai na liña das prioridades do goberno local, que pretende dotar a todo o municipio do servizo de abastecemento- ; e á execución do graderío no campo de fútbol. A reparación e apertura de camiños é outro dos obxectivos prioritarios desta partida que case acada o millón de euros. De feito, grazas ao Fondo Estatal de Investimento Local executarase a apertura do Camiño do Serrón (O Parelelo) e a do Camiño do Curro ata o Paralelo, así como o afirmado do Camiño do Río Novo e o reforzo do firme e execución da rede separativa de pluviais na rúa Real dende as Escolas de Lago ata o Mazote, outras intervencións de grande importancia no municipio.
Todas estas obras estarán rematadas, como moi tarde, no primeiro trimestre do vindeiro ano 2010.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares