Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 20 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello organiza un concurso de disfraces o día 22 e outro de entroidos o día 25
12 Febreiro 2009 10:08
O Concello organiza un completo programa de actividades que se desenvolverán durante as festas do Entroido e, mais concretamente, o domingo 22 e o mércores 25. Precisamente esta mañá, o equipo de goberno deu conta das mesmas aos grupos da oposición na comisión informativa de Cultura.
A festa, o domingo 22, comezará ás 17.15 horas cun desfile das comparsas A Revolta, Os Parrandolos e Troupele (as tres de Narón). Dito desfile, no que poderán participar todos aqueles nenos e adultos que vaian disfrazados, sairá da Porta do Sol e percorrerá as rúas do casco urbán da vila ata chegar ao pavillón exterior do CPI Conde de Fenosa, no que se desenvolverán as actividades.
Ás 18.30 terá lugar o concurso de disfraces, que estará dividido en dúas categorías por idades, de xeito que haberá un certame para os menores de 14 anos, cuxo gañador recibirá unha cámara de fotos dixital, e outro para maiores de dita idade. Neste último, o mellor disfraz terá como agasallo un DVD. As persoas interesadas en participar nesta iniciativa promovida pola Concellería de Cultura deberán formalizar con anterioridade á festa a súa inscripción na biblioteca municipal, ubicada na Alianza Aresana.
Antes da entrega de agasallos, as tres comparsas actuarán sobre o escenario, para rematar a festa cun pasarrúas.
O mércores 25, festa local en Ares, as actividades comezarán ás 17.00 horas, cun desfile dos entroidos que participen no concurso e que, ao igual que o de disfraces, deberán inscribirse previamente na biblioteca –o prazo nos dous casos remata o día 19-. No mesmo tamén tomarán parte os integrantes do espectáculo de animación “Quén dixo circo”, que serán os encargados de amenizar a xornada na festa que se desenvolverá no pavillón exterior do Conde de Fenosa. Coincidindo coa actuación, prevista para as 17.30 horas, procedarase ao reparto de chocolate quente e orellas para, unha hora máis tarde, entregar o agasallo, consistente nunha cesta de produtos da tempada, ao mellor entroido.
As actividades do Entroido de Ares rematarán coa queima na praia de todos os entroidos e a sesión de fogos artificiais.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares