Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 24 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
LETRAS GALEGAS 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O pleno aproba a cesión de terreos municipais para a construcción da galescola e do centro de día
22 Novembro 2007 10:24
O pleno da corporación de Ares aprobou esta mañá, no marco dunha sesión extraordinaria, a cesión de terreos municipais para a construcción dun centro de día e dunha galescola. As dúas actuacións serán executadas polo Consorcio Galego do Benestar, ao que o Concello de Ares adheriuse o mes pasado por unanimidade dos grupos municipais.
Así as cousas, o Concello cederá unha parcela en Granxares, no casco urbán de Ares, de preto de 3.000 metros cadrados, para a construcción da galescola, dirixida a nenos de cero a tres anos, e outra, de algo máis de 5.000 metros cadrados, para o centro de maiores.
Os dous acordos plenarios saíron adiante, no caso da galescola, cos votos favorables do grupo de goberno (PSOE) e do PP, e a abstención do BNG e NAL, que defendían, no caso dos nacionalistas, como opción prioritaria a escola infantil na Escola de Nenas, e no de Nueva Alianza que se fixera na parcela do centro de saúde (e facer o novo na Escola de Nenas). No caso do centro de día, aos votos a favor do PSOE e do PP sumouse NAL, mentres que o BNG defendeu a súa no centro urbán de Ares.
O alcalde, Julio Iglesias, explicou aos membros da corporación os pasos dados polo goberno local nas dúas infraestructuras así como os trámites feitos coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Neste sentido, o rexedor socialista defendeu como mellor ubicación para a galescola a parcela municipal de Granxares polas posibilidades urbanísticas que ten –baixo e unha pranta- para o servizo que se pretende poñer en marcha, a disposición de zonas verdes para que os nenos xoguen, a ubicación na área urbana e as infraestructuras próximas, como un aparcadoiro e unhas rúas amplias para o acceso dos pais dos pequenos ao centro. Pola contra, lembrou, entre outros problemas que presenta a opción da Escola de Nenas, a multitude de informes da Policía Local pola presencia de bares e pubs no entorno deste inmoble e as súas consecuencias.
Se se cumpren os prazos establecidos inicialmente, as obras da galescola poderán comezar a principios de ano e, así, poderá entrar en funcionamento o vindeiro curso 2007/08.
En canto ao centro de día, Iglesias indicou que se trata dunha infraestuctura que xurdíu unha vez posta enriba da mesa a galescola e que a superficie dos terreos que se poñerán a disposición é a de maiores dimensións das entregadas por calquera municipio galego. Así, afirmou que esta circunstancia foi recibida da mellor forma das posibles por parte da Vicepresidencia, que incluso está a traballar na inclusión no proxecto da construcción no centro un parque xeriátrico con aparatos especiais para os maiores e de máis dunha ducia de camas para ofrecer aos cidadáns un servizo engadido de residencia.
De feito, dixo o alcalde, a boa disposición do Concello, coa adhesión ao Consorcio e a posta a disposición dos terreos –case 8.000 metros cadrados- en tan só un mes, tamén obtivo unha excelente resposta na Xunta, coa próxima visita do vicepresidente, Anxo Quintana, a Ares –prevista para o día 29, tal e como se dixo na sesión plenaria de hoxe-.
Os terreos teñen unha superficie de algo máis de 5.000 metros cadrados e a súa cualificación é de solo dotacional público, froito do desenvolvemento dun plan parcial para dito ámbito. Deste modo, poderase construir, en función das necesidadesque se determinen, un edificio de soto, baixo, unha pranta e baixocuberta, cunha ocupación máxima de ata o 60% do total (é dicir, uns 3.000 metros cadrados).
Julio Iglesias subliñou o seu interese por repartir as infraestructuras que se vaian creando en tódalas parroquias do municipio, de xeito que non haxa diferencias entre cidadáns en función do lugar no que reside. Para o rexedor, ámbalas dúas infraestructuras son de vital importancia para o Concello de Ares, xa que se ben é certo que o índice de natalidad crece neste municipio cada ano, tamén o é a presencia de moitos maiores.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares