Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 22 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Sanidade confirma que a praia de Ares é apta para o baño, tal e como determinaba a analítica do Concello
18 xuño 2009 14:12
O Concello de Ares vén de recibir un fax do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Sanidade na que se di textualmente que a calidade sanitaria das augas das zonas habilitadas para o baño neste concello –concretamente as praias urbáns da vila- é “conforme”, é dicir, “apta para o baño”. Deste xeito, confírmanse os resultados da contraanálise encargada polo Concello a un laboratorio de Ferrol o pasado venres –una vez recibido o primeiro comunicado da Xunta no que se afirmaba que as augas destes areais non eran aptas para o baño e instaban ao Concello a instalar carteis informativos en ditos espazos informando da situación-, e que se coñeceron na mañá do martes.
Unha vez recibido o fax deste departamento da administración autonómica, o alcalde de Ares, Julio Iglesias, deu orde aos operarios municipais para que procedesen á retirada dos carteis. Como xa se informou o martes, aínda que os resultados da análise do Concello determinaban a conformidade da calidade destas augas para o baño, era necesario agardar aos resultados da realizada o luns por Sanidade, xa que se trata dunha competencia autonómica.
O acontecido nestes últimos días, se ben responde a unha circunstancia puntual, pon de manifesto, segundo o goberno local, a necesidade de que a ría de Ares conte cun sistema de saneamento e depuración que evite que, en determinados casos e en función das mareas, as augas das praias interiores do municipio poidan ver alterada a súa calidade. Neste sentido, o alcalde socialista destacou non só da próxima construcción da EDAR, senón tamén a execución do proxecto de abastecemento e saneamento de Chanteiro, actuación comprometida polo anterior goberno da Xunta e que agora o novo Executivo autonómico, segundo confirmou onte á prensa o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, seguirá adiante.
Este proxecto, que xa está redactado, conta cun orzamento de 1.328.264 euros.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares