Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 22 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares impulsa un ano máis o remo no municipio co patrocinio da II Bandeira de Traíñas
19 xuño 2009 13:47
O goberno local aresán, como xa fixera o ano pasado, quere potenciar un dos deportes con máis afición no municipio, o remo, e, como mostra desta implicación, patrocina a que será II Bandeira de Traíñas Concello de Ares. A cita deportiva terá lugar este domingo, día 21, no porto deportivo, a partires das 11.30 horas.
Esta mañá, representantes do Clube de Remo de Ares e do grupo de goberno presentaron en rolda de prensa o que será o desenvolvemento desta proba da Liga Galega de Traíñas –a segunda do presente campionato-, así como a Bandeira coas cores do Concello e da entidade organizadora, bordada por unha veciña da vila, que estes días estará exposta no establecemento Sar, situado no paseo marítimo, e que será entregada no mar á embarcación gañadora unha vez que rematen as tres tandas previstas –sobre as 13.00 horas- polo alcalde, Julio Iglesias.
O presidente do Clube de Remo, Germán Sánchez, explicou que a embarcación aresá –que, como os vehículos da entidade, lucirá durante toda a Liga a publicidade da campaña turística do Concello “Vive Ares”- sairá na segunda tanda, xa que a orde establécese polos resultados da última regata, a celebrada en Muros, e en dita proba os locais quedaron no noveno posto. A este respecto, tanto Sánchez como un dos directivos do clube, Tombo, mostráronse convencidos de mellorar ese posto e rematar o campionato, polo menos, como o pasado ano, no que quedaron de séptimos.
O percorrido que farán as traíñas será de 5.556 metros (catro largos) e tres ciabogas, e ao remate, ademais da entrega da bandeira á embarcación gañadora, procederase ao reparto de 6.000 euros entre os 14 equipos participantes, sendo o criterio para dito reparto a clasificación final dos barcos na regata.
Germán Sánchez, que confiou en que o tempo acompañe e a regata sexa un éxito, quixo aproveitar a ocasión para agradecer ao Concello a colaboración prestada, “xa que antes ninguén se ocupou de nós”, afirmou. Así, subliñou que grazas á aportación económica da administración local, o Clube de Remo, que conta con máis de sesenta remeiros dos que algúns son campións e subcampións nacionais, non podería competir nesta Liga Galega de Traíñas.
Pola súa banda, a concelleira socialista Victoria Montenegro, representante do grupo de goberno na rolda de prensa –o alcalde non poido asistir por problemas de axenda-, manifestou que “O Concello de Ares, sabedor da importancia do remo neste municipio, iniciou o pasado ano unha colaboración co Clube de Remo que se materializou na adquisición de diverso material e no patrocinio da que foi I Bandeira e Traíñas”. A este respecto, a edil engadíu que os “excelentes” resultados desta entidade ao longo de todas as competicións e, sobre todo, a elevada participación de aresáns de todas as idades neste deporte, levou ao grupo de goberno local a implicarse un ano máis con esta regata.
“Durante o domingo, serán centenares de persoas as que acudan a Ares para disfrutar deste evento; unha cita que permitirá aos visitantes disfrutar da regata e, ademais, do noso municipio”, dixo Montenegro.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares